As novelas poden prendernos á lectura por moitas cousas. Ana Cabaleiro sempre o fai pola súa capacidade para presentarnos un argumento orixinal, inagardado, que case parece de broma. Despois do libro de relatos Sapos e sereas, chegou As Ramonas e Deixádenos remar, e agora sorpréndenos con Xa vemos palmeiras, unha obra estilisticamente máis depurada pero […]
Cando era pequena andaba pola rúa, ao igual que agora, de forma desordenada, movíame para todos os lados, sen control, e aceleraba os meus pasos para mostrar a miña felicidade, se a sentía. Lembro que un día, unha veciña me levou a min e aos meus irmáns a coñecer unha tenda de caramelos e unha […]
A memoria é un ser vivo que alimentamos entre todas as persoas, unha forma de manternos tamén en activo. E de aí que nela resida unha gran compoñente de subxectividade, e tamén de ausencias. A historia galega ten aínda moitos ocos, e a literatura é unha boa forma de enchelos. Precisamente foi a loita por […]
Un trompetista famoso morre un día. Detrás deste acontecemento aparentemente habitual e normal, agóchase unha historia na que nada é o que parece. A escritora escocesa Jackie Kay escribiu no 1997 Trompeta, unha novela na que tomaba como referente a figura de Bessie Smith, causando naquel tempo un gran debate polos temas que nela trataba, […]
Dixo Santiago Ferragud na Feira do Libro de Ponteareas que o que quere agora é sementar entre os seus netos moitas dúbidas, porque certezas hai poucas. Isto pénsao un home que xa viviu tres cuartos dun século, nas súas palabras, e que quixo contar a historia da cidade que o viu nacer. Quizais porque o […]
Valoro moito o esforzo das editoriais galegas por crear coleccións de ensaios feministas a través das que dar a coñecer obras creadas no país e outras que veñen de fóra e que nos axudan a normalizar a nosa lingua tamén nesta parcela. Tal é o caso de Hércules Ediciones, casa que apostou pola colección “Púrpura”, […]
A literatura de Inma López Silva sempre consegue trasladarnos moitas contradicións, que nos cuestionemos as nosas opinións e pensamentos, e que mesmo nos opoñamos a eles. Xa o fixera de forma mestra na súa última novela O libro da filla, e tamén no ensaio Chámame señora pero trátame coma un señor, obras nas que facía […]
Cando todo semella negro, sempre podemos xogar a ser felices. Iso é o que nos explica a nena Pollyanna, personaxe creado por Eleanor H. Porter, considerado un clásico da literatura xuvenil e que agora nos trae Isaac Xubín en tradución ao galego para Aira Editorial. Este libro colleitou un gran éxito naquel ano 1913 no […]
Escribe Mario Regueira en Outono aquí que “as despedidas sempre son en outono, así as follas poden triscar baixo os pés e os camiñantes senten que é o seu pasado o que se creba”. O libro, co que merecera o Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta do Concello do Grove no 2011, sabe a […]
“Se a poesía lixaba non era nin pola nostalxia nin pola deserción, senón polo seu parecido coa vida”. Alberto Ramos volve sorprendernos cun libro inclasificable, no que reflexiona sobre o que é a poesía e o seu parecido coa vida mais, sobre todo, de como os traumas inflúen nas nosas vidas. Os corpos dos Romanov […]