Penso que os libros bos son aqueles que nos desconcertan trala súa lectura. Aqueles nos que atopamos múltiples sensacións, mensaxes. Os que son inconformistas e os non nos din o que queremos escoitar. A colección Rúa do Lagarto, da Fundación Euseino?, está tecendo un catálogo ben xeitoso neste sentido e con propostas novidosas e que […]
Hai anos descubrín a Remedios Zafra, unha muller valente que reflexiona arredor da precariedade na cultura e dese mal (e cada vez máis habitual) costume de non pagar, ou de facelo a través dunha suposta popularidade. Ela di que é moi común que ás creadoras culturais se lles soliciten colaboracións sen máis ofrecemento que «o […]
As que lemos Non temerás os coches amarelos, de Marta Villar, descubrimos a unha escritora que daría moito que falar, sobre todo porque era capaz de poñer o foco no inusual, naquelas cousas nas que aparentemente non se fixa ninguén pero que están aí. Dende o seu oficio de xornalista, supoño que isto ten máis […]
As mulleres tivemos sempre moitos pesos. Antes eran dun tipo e agora, doutros. Pero detrás de todos está o machismo e o medo dunha sociedade que sempre nos quixo mellor pechadas que libres. Porque a liberdade asusta, e máis cando está en xogo tanto. Ao longo do tempo foron moitas as estudosas que, dende diversos […]
Despois de toda unha vida dedicada á tradución, cun inxente traballo ás costas neste eido e sendo responsable de que hoxe contemos en galego con moitas obras na nosa lingua, María Alonso Seisdedos estréase na novela. E faino cunha obra que bebe de moitas tendencias e moi poliédrica, críptica por momentos, que se formula coma […]
A portada do libro presenta un ramo de flores vermellas cunha cor ocre. É o mesmo ton das follas secas nas árbores do outono, e dese xusto momento no que caen ao chan e se despiden do acubillo das pólas. Pareceravos estraño comezar así unha crítica, pero sempre me acontece que vexo os libros na […]
A infancia é un estado eterno. Todo o que vivimos nela acaba influíndo no que somos na idade adulta. Sobre iso fala A soidade das nenas, a novela coa que Miriam Beizana Vigo se estrea na literatura galega, e na que atopamos a dúas xemelgas atravesadas por unha crúa nenez que se unen a outra […]
Volver á casa e atoparse coas pantasmas. Hai moitos libros recentes que tratan esta temática, caso de O estado intermedio de Rexina Vega, A destempo de Silvia Bardelas, ou Para toda a vida, de Eva Moreda. Todos eles teñen en común que buscan reconstruír a memoria e ollar o pasado, ás veces con nostalxia pero […]
Que teñen en común Brooklyn Follies, de Paul Auster, e A noite das cebolas, de Rosa Aneiros? Ambas novelas comezan cunha persoa que se afasta do lugar que habita na busca doutro mellor para morrer en tranquilidade tras o diagnóstico dun cancro. Rosa Aneiros non oculta a súa paixón polos libros de Auster, o cal […]
“É posible fuxir cara adiante coa imaxinación ou fuxir cara atrás co recordo». Hai un tempo unha psicóloga díxome que un exceso de pasado é depresión, e de futuro, ansiedade. Por iso cando lin esta cita no libro de Berta Dávila pensei niso. A ferida imaxinaria fala das feridas, dos vínculos, da soidade (da buscada […]