As mulleres camiñamos moitas veces por un pequeno fío que ameaza con escachar e facernos caer ao chan. Moi preto desta metáfora sitúanse as protagonistas de Funámbulas, o libro de relatos de Charo Valcárcel no que nos sorprende con historias que recollen retallos da vida, e deses momentos nos que todo se esnaquiza. Comeza esta […]
“Pero agora chegamos e, xa que estamos aquí, ímolo contar co que temos: co corpo, coa palabra, co bidón de gasolina de quen sabe que hai pouco que perder”. A cultura contemporánea está levando ao límite todos os seus recursos. Pode a arte expresar a vida? Como contala sen pecar de vanidade? Na actualidade son […]
Creo no poder transformador das palabras, porque é importante coñecernos ben a través delas para comprendernos. A politóloga galega Luca Chao tamén comparte isto, pois temos necesidade de “transmitir a utilidade e o potencial transformador dos conceptos axeitados”. Baixo esta premisa e cun desexo de ir máis alá nace Feminismo en cen palabras, unha sorte […]
Dicía Paula Carballeira nunha entrevista no Sermos Galiza que o Premio Nacional de Literatura Dramática que vén de acadar supón tamén a valoración de moitas profesionais que levan anos e anos turrando da profesión. Carme Varela sería unha delas, pois ten ás súas costas unha traxectoria vinculada ao teatro e a diversas asociacións, caso d’O […]
A literatura ten unha forte compoñente que incita ao cambio, pois provoca reflexións que nos levan a promover mudanzas sociais, ou polo menos alerta sobre elas. Consciente desta idea, Carmen PG Granxeiro, teceu o argumento de Estranxeiras, unha novela fresca e reivindicativa coa que gañou o II Premio Literario Pinto e Maragota pola Diversidade de […]
A loita pola liberdade levou a moitas persoas ao límite, a atravesar as probas máis duras para tentar conseguila. No noso pasado máis recente, o golpe de estado puxo a homes e mulleres entre a espada e a parede, e foi quizais naquel tempo, e en xeral nas guerras, cando máis se tivo constancia de […]
Despois de tanto silenzo, estamos nun tempo prolífico para as antoloxías que nos ofrecen voces de mulleres, propostas estas que axudan a crear referentes entre as nenas do presente e do futuro. Nos últimos meses do pasado ano, por exemplo, viron a luz dúas propostas interesantes: Así fala Penélope, coordinada por Marta Dacosta e publicada […]
Todas as historias de amor comezan cunha mentira. Pode que todas as historias en xeral, pois sempre está aí o xogo da imaxinación e da memoria, que son moi traidoras. Matino sen parar nestas dúas ideas logo da lectura de Días felices con Fábia, na que se leva ao extremo unha mentira para facernos crer […]
Adoita dicirse que na crueldade sempre agroma a beleza, e por iso a literatura que me parece máis frutífera é aquela que transita sobre a dor. Tal e como xa fixera Ledicia Costas n’ Un animal chamado Néboa, Antón Riveiro Coello sorpréndenos agora con Días de intemperie, un libro de relatos sobre a guerra, nos […]
Ante a precariedade e a incerteza, sempre nos quedará a lectura e a escrita. Iso propón a narradora de Diario de dúas casas, un libro no que se indaga na busca dos espazos e como estes inflúen na nosa forma de vivir. María Villamarín estréase cunha obra diarística, que nace dende a observación do arredor […]