A narrativa galega precisa de propostas tan arriscadas e revolucionarias como a Camuflaxe de Lupe Gómez. Ela serve de ponte ás miles de mulleres anónimas que desde sempre traballaron arreo a nosa terra e que nunca foron recoñecidas. E xa está ben do silencio. “Ti non tiñas soños Porque as mulleres da aldea non soñan. […]
Olga Novo defínese como unha muller nacida na aldea, filla neta bisneta de labregos. E aí, nesa identidade, agroma a poesía, un acto que doe e actúa como bálsamo ao mesmo tempo. Os versos como indagación e busca da beleza e do amor ante un mundo que torna cara ao desastre. Porque, como ela ben […]
Radica unha certa maxia nesa circunstancia na que conflúen a morte e o nacemento. Ambos procesos vitais son totalmente contrarios e, ao tempo, evocan a inocencia, o momento que nos leva a crer que a vida sempre dá voltas e quítanos unhas persoas mentres nos ofrece a posibilidade de coñecer outras. A poeta luguesa Olga […]
A Rosalía de Castro condenárona durante moito tempo como poeta do sensible, a que supostamente cantaba ás flores e aos ríos. O que poucos chegaron a entender, e o que se reivindica hoxe en día, é que detrás dos seus versos aparentemente baleiros de contido se agochaba unha crítica consciente aos tempos e ás inxustizas […]
“a forma da aldea do Vilar fica para lembrarlle a alguén algún día que por esas corredoiras brincaron nenos libres” Leo As Casas de Carlos Lixó e reflexiono moito sobre a aldea, sobre os espazos que a min me construíron desde pequena, por esa especie de tribo que se forma en calquera parroquia ou lugar […]
Abro o novo libro de Marcus Daniel Cabada e bato de fronte cunha cita que me dá pistas do que me vou atopar. “Há metafísica bastante em não pensar em nada”, e dicíao Fernando Pessoa, o poeta portugués recoñecido tamén por aquela sentenza de que “o poeta é un fingidor”. Desa filosofía bebe o autor […]
“segues sendo a nena solitaria que nunca entendeu /a importancia do escarnio dos outros e preferiu mergullarse entre as páxinas dos libros”. Adoro a poesía de Marta Dacosta, porque me traspasa a pel e consegue sempre evocar lugares e sensacións propias. Como a que se describe nos versos anteriormente citados. Neles vexo (me) unha meniña […]
Na actualidade están xurdindo un monte de iniciativas que mesturan dúas ou máis disciplinas artísticas, baixo as que subxace a idea de que a arte é un todo único e que se pode chegar ao terreo das emocións desde moitas ópticas. Moito disto comparte Literaria, un proxecto musical e literario creado a través dunha campaña […]
As persoas que sigan este blog coñecerán o medo que sinto cando me poño diante do papel para reflexionar arredor das sensacións que nacen tras a lectura dun libro de poesía. Un estremecemento percórreme todo o corpo, porque sei que a poesía hai que sentila e cadaquén vívea á súa maneira. Neste xogo interpretativo, o […]
En abril do 2017 falecía o percebeiro e poeta Paco Souto. Souben da nova pola prensa e polo loito que se vivía no mundo literario a través das redes sociais, malia que eu non escoitara falar xamais del, quizais porque desde sempre fora un home pouco dado a protagonismos e a homenaxes. Así e todo, […]