Camuflaxe

Lupe Gómez, autora do poemario "Camuflaxe"

A narrativa galega precisa de propostas tan arriscadas e revolucionarias como a Camuflaxe de Lupe Gómez. Ela serve de ponte ás miles de mulleres anónimas que desde sempre traballaron arreo a nosa terra e que nunca foron recoñecidas. E xa está ben do silencio.

Ti non tiñas soños

Porque as mulleres da aldea non soñan.

O atraso económico de Galicia

Era una forma de vangarda artística”.

Neste tempo a poesía tórnase unha arma ateigada de futuro, pois son moitas as voces que xermolan desde os versos para poñer o foco no que sempre estivo oculto e para reivindicarnos. E tamén atopamos outras cantas que homenaxean ás xentes que construíron a nosa identidade como pobo.

Nesa mestura englóbase Camuflaxe, un poemario abertamente reivindicativo, no que se ve reflectido o campo e as mulleres que tanto o traballaron e traballan, as nais que o deixaron todo por coidar os seus fillos e fillas e por darlles un futuro máis alentador que o seu, a pobreza como escenario desde o que berrar polo que corresponde e o rural como punto de inicio e final para entender o que somos. Ateigados de moito erotismo tamén, os versos de Lupe Gómez destacan por ser un berro, por falar sen fisuras do que somos, e sen límites á vergonza. Por iso, quizais, vexo valentía e sinceridade en cada verba escollida.

Camuflaxe fuxe dos estereotipos, e eríxese como unha homenaxe transparente á figura das nais galegas, esas mulleres loitadoras que, aínda pasando por momentos e etapas complicadas nas súas vidas, xamais perderon as ansias de loitar polos seus e de darlles todo o mellor, do que elas poucas veces gozaron.

Nas fotos

apareces sen calcetíns e sen zapatos.

Tes unha mirada intensa, como se os ollos che estivesen caendo

da cara”.

A poética de Lupe Gómez lévame a pensar moito na de Olga Novo, posto que ambas escriben do rural cunha visión moi revolucionaria e reivindicativa, e tamén con pleno coñecemento de causa. Por iso, e ante a falta de palabras para expresar a maxia da poesía, tan só podo dicirvos que estes versos quedarán a vivir comigo para sempre, pois definen o que son, a miña esencia. E nada mellor se lle pode pedir á poesía.

Ficha técnica

Título: Camuflaxe

Autora: Lupe Gómez

Editorial: Chan da Pólvora

Ano de publicación: 2017

Número de páxinas: 107

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.