Poesía conceptual e minimalista. Así se podería definir a recente publicación da poeta bueuesa Lucía Novas, quen explora en Cervatos os límites da linguaxe para ofrecer unha lírica ateigada de lembranzas e de sentimentos pasados, cos que todos os lectores e lectoras nos poderiamos identificar. Tal e como xa se advertía nos seus anteriores poemarios, […]
Nesta busca incesante da propia identidade e da loita contra o machismo imperante, chega a min Galicia en bus, poemario co que María Reimóndez gañou o XX Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu, e que se erixe como unha proposta moi valente, arriscada e reivindicativa. Así eran tamén as letras de Carballeira, […]
Apaixónanme os domingos de descubertas literarias. Precisamente o pasado veu a min, por casualidade, un libro de Ramón Sandoval, titulado Zocas e decibelios, que me fixo lembrar, volver ás orixes e pensar na forza poética do rural que desaparece. Este libro está conformado por dous poemarios, que ben poderían ser antagónicos, ou consecutivos ou lerse […]
Levo semanas tentando escribir sobre un libro e sempre o pospoño. Quizais este feito se deba dous factores: que se trata dunha proposta poética, e que a portada é tan bonita que me deixa sen verbas para describila. Mais, así e todo, hoxe atrévome a romper o feitizo. Falo de Lumes, o novo poemario de […]
Alberte Momán (Ferrol. 1976) confésase ser unha persoa que escribe, que fuxe das diferenzas entre xéneros e que só busca atopar o argumento co que contar aquilo que, dunha ou doutra forma, marca a súa vida. Despois de publicar un bo monte de libros, sobre todo de poesía, caso de O lobo da xente (Ed. […]
Xa sei que ao falar de poesía parece unha obviedade dicir que parte do máis íntimo. Non en van se adoita dicir que os e as poetas son persoas que teñen os sentimentos a flor de pel, e que empregan a poesía para expresar as súas sensacións diante das inxustizas, o amor, a dor, o […]
Contra o esquecemento, aínda quedan as letras. Ou mellor dito, é o único que realmente pode quedar cando todo semella caer pola borda. Diso é consciente sther f.carrodeguas, unha artista multidisciplinar, que se formou entre as letras, o audiovisual e o teatro, que verte toda esta mestura na súa última obra. Na butaca, que leva […]
Marta Dacosta é unha poeta reivindicativa, das que recollen a realidade que lles toca vivir e a converten en protesta. Así o fai dende nos recentes versos do poemario Na casa da avoa, unha advertencia de que é necesario que as mulleres tomemos conciencia do lugar que ocupamos no mundo e do moito que fixemos […]
Sempre fun pouco lectora de poesía, pero o certo é que na actualidade, e cada vez máis, sinto a necesidade de contrastar sensacións, de ver como as miñas tolemias se atopan nalgún verso dalgún poema. Coma min, supoño que moitas persoas, que devecemos por atopar esa alma xemelga que observara un mesmo momento ca ti. […]
Roubo un dos versos de Dos días escuros, de Mª Carmen Caramés Gorgal, para empezar este comentario arredor do impacto que me deixou dito poemario pola realidade coa que trata o tema do maltrato. O poemario, gañador do Premio Johán Carballeira de Poesía 2014, foi editado por Xerais e presentado o pasado sábado en Bueu, durante […]