Habitamos un mundo que se torna cada vez máis conceptual e visual, sen apenas marxe de manobra para a reflexión sosegada, para a observación minuciosa do que nos rodea, sen capacidade crítica. Ante este mundo podemos adoptar dúas posicións: ou ben ficamos caladas e avanzamos cara adiante, ou tentamos atopar o lugar que nos corresponde, […]
“Sabemos que entre moitas cousas a poesía é un diálogo cos mortos”. Así define María do Cebreiro o xénero literario que ela practica desde sempre na introdución ao libro A herba de namorar no que, precisamente, recolle textos de poemarios anteriores e outros novos, sen esquecer a homenaxe que lle realiza ás persoas que, en […]
Habitamos un tempo no que non cabe o silencio e, a pesares diso, precisamos máis ca nunca del. O ritmo frenético da actualidade lévanos a non saber onde estamos, a querer apropiarnos de espazos sen apenas gozalos, a facer alarde dunhas vidas impresionantes de cara á galería pero baleiras de contido na súa esencia. É […]
De entre todos os xéneros literarios, quizais a poesía é o máis idóneo para ler no fogar. Veume á cabeza esta reflexión hai unhas semanas mentres lía Da casa, do mar e das ausencias, un poemario de María Carmen Caramés Gorgal que contén versos e ideas moi interesantes arredor do que simboliza o fogar, a […]
Das árbores, dos paxaros, e dos saberes terapéuticos. Diso fala o primeiro poemario da autora lalinense Ángeles Madriñán, no que tamén atopamos versos que nos levan a esa infancia rural que algúns tivemos a sorte de ter. De animais e outros deuses eríxese como un libro-obxecto perfecto, pois os textos de Ángeles Madriñán acompáñanse dunhas […]
Unha sensación fermosa percorre o meu corpo cando descubro una voz poética que levaba tempo agardando. Chus Pato é unha destas escritoras que desde sempre quixen ler e que coñezo grazas ao seu recente poemario, titulado precisamente Un libre favor. Con el, a autora ourensá logra conquistarme para sempre, sobre todo porque, xa no segundo […]
Ler as dedicatorias dos libros supón sempre unha revelación, unha premonición sobre o que traerá de novo a historia que estamos a piques de iniciar. Nesas citas do comezo agóchase a esencia dos libros. No de Óstraka de Luís Valle, a cita de Alejandra Pizarnik revélanos os argumentos que tratarán os poemas do lugués. Din […]
“Nunca ninguén nos agarda. Xamais preguntaron por nós”. Dedicar un poemario aos ‘sen teito’ paréceme marabilloso, unha reivindicación do dereito a seren persoas, a sentiren medo e a impresionarse ante o día a día. Deles e delas fala Rosalía Fernández Rial nos versos de Vinte en escena, que se ensamblan á perfección coas ilustracións de […]
A Xela Arias sorprendeuna a morte no ano 2003 cando viña de dar ao prelo o seu derradeiro poemario, Intempériome. Aos seus 41 anos deixábanos orfos de letras e co desexo frustrado dunha carreira literaria que, de non ter falecido, daría moitísimo que falar. Malia o curto da súa traxectoria vital e profesional, a escritora […]
Na nosa vida todo é cuestión de etapas. Tamén as lecturas. Por iso este ano medra en min a busca de poemas que sexan en si mesmos unha loita, un berro ante a inxustiza e que, ao mesmo tempo, me fagan amar aínda máis a palabra escrita. Nesta etapa revolucionaria (que, por certo, non quero […]