As horas de María

En abril do 2017 falecía o percebeiro e poeta Paco Souto. Souben da nova pola prensa e polo loito que se vivía no mundo literario a través das redes sociais, malia que eu non escoitara falar xamais del, quizais porque desde sempre fora un home pouco dado a protagonismos e a homenaxes. Así e todo, era un loitador sincero dos seus ideais e das causas que cría xustas, un activista cultural que loitaba cada día desde o mar, ese mesmo no que perdeu a vida con tan só 54 anos. Por iso, ademais era concelleiro nacionalista na vila de Malpica, e a súa morte prematura sorprendeu a todos os que o coñecían como un supervivente con alma de escritor.

No momento mesmo de saber da súa morte, pinchei no Google o nome na busca dunha identidade máis ou menos certeira, e pronto descubrín que no ano 2006 fora gañador do Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu con As horas de María, un libro que se tece coma unha homenaxe ás persoas maiores, sobre todo a esas mulleres bravas que desde sempre foron posuidoras dunha grande sabedoría que poucas veces se lles recoñeceu. A importancia.

Xa facía un tempo que o tiña nos meus andeis literarios, así que coincidindo coa semana de vendima enchín a mochila con propostas poéticas, xa que no medio do cansazo deses días apeteceríame ler versos soltos. E que boa decisión! Percorrín As horas de María coma unha busca do meu pasado, unha investigación sobre as mulleres lavadoras, leiteiras, contrabandistas, fuxidas, que protagonizaron a historia e ás que poucas veces homenaxeamos. Comprendín, pois, este poemario como un reflexo dun tempo que xa foi, pero que ben merece que se lembre e que nunca se esqueza.

Mulleres fortes, mulleres bravas, mulleres que ergueron un país nas súas mans, mulleres como as propias nais, ás que o autor dedica o primeiro poema, que di así:

Nai

Que o tempo pasa

Que os anos se nos van botando enriba

Como ladróns

Que nos doe nos ósos a inocencia

Que xa morreron as maceiras

Nai

Que as horas non saben de donos

E véñennos enferruxando os versos

Que os versos nai

A ferralla nai

Enrancia o corazón aberto en chagas

E as veas

E maría

Co seu nome

Enchéndonos de vez a boca aceda

De tanto chamala”.

Nesa figura de María poderiamos entrever ás nais de todos os tempos, nas que se recolle todo o que simboliza o paso do tempo e a inminente chegada desa morte tras a que nada será xa igual. Este poemario, no que tamén hai versos escritos co puño e letra de Paco Souto, engarza moi ben coa personalidade do seu autor quen, como dicía ao comezo, era un defensor das causas xustas e da memoria que nunca debemos esquecer.

Ficha técnica

Título: As horas de María

Autor: Paco Souto

Editorial: Espiral Maior

Ano de publicación: 2007

Número de páxinas: 53

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.