As Casas

Carlos Lixó, autor do poemario "As Casas"

a forma da aldea do Vilar

fica para lembrarlle a alguén

algún día

que por esas corredoiras brincaron nenos libres”

Leo As Casas de Carlos Lixó e reflexiono moito sobre a aldea, sobre os espazos que a min me construíron desde pequena, por esa especie de tribo que se forma en calquera parroquia ou lugar galego, polos bares nos que sempre atopamos a mesma xente e polas estradas (as máis das veces camiños) nas que cando pasamos todos nos coñecemos. A aldea ofrece sensacións contrapostas, pois nela sénteste acubillado mais, ao mesmo tempo, vixiado e case nunca podes escapar dos teus lazos de sangue.

Sobre a aldea e as súas contradicións cuestiónase Carlos Lixó no poemario co que vén de gañar o XXX Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, pois aquí atopamos espazos do rural que esmorece e que dan paso a outras formas que nos levan directamente á globalización. Así, agora hai rotondas e “chalés que van pasando de moda e xa non quedan nenos”. Un rural que, lonxe do que podemos pensar, morre a pasos xigantescos pois, una vez que os máis vellos morren, as novas xeracións xa están máis apegadas ás cidades, nas que buscan novas oportunidades e foxen da perda de referentes do rural. Unha mágoa, sobre a que moitos autores e autoras están poñendo o foco dos seus escritos. Precisamente, porque eu creo que é preciso que defendamos o rural xa que aí reside a nosa identidade, o que nos define como pobo en oposición a un mundo que tende a homoxeneizarse.

Carlos Lixó foxe dunha estampa idílica do rural, senón que tenta explicar os porqués do seu esmorecemento e levarnos ata a reflexión máis sincera. Espazo existe tamén para o recoñecemento máis persoal dos individuos, da descuberta do sexo e mesmo da posición diante da lingua galega.

a nena que me dixo

se queres xogar connosco tes que falar galego

foi a nosa dona

posuíunos

aínda que hoxe a odiemo

con todas as nosas forzas

por todo o que nos fixo

ela non se decata

e escribe polo facebook

os echo de menos chicos”

Dende logo, unha proposta que nalgúns momentos me recordou a Cuaderno de Campo, de María Sánchez, na que atopamos pensamento, amor polo noso e, como non, moita retranca galega.

Ficha técnica

Título: As Casas

Autor: Carlos Lixó

Editorial: Espiral Maior

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 41

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.