Escritor e director xeral de Editorial Galaxia dende decembro de 2016, Francisco Castro conta cunha gran cantidade de libros publicados tanto para público adulto como infantil e xuvenil, entre os que destacan títulos como Chamádeme Simbad, Amor é unha palabra coma outra calquera, Tes ata as dez, Xeración perdida, Tantos anos de silencio e, recentemente, O cemiterio de barcos.
Antes de incorporarse á editorial no ano 2008, exerceu como profesor de Filosofía durante 18 anos en Secundaria, compaxinando este labor coa xestión cultural a distintos niveis, tanto na organización de Ciclos de Conferencias para distintas entidades públicas e privadas.
Coñecémolo mellor neste Cuestionario Proust:
- O principal trazo do teu carácter? A constancia.
- Que calidade aprecias máis nun home? A sensibilidade.
- E nunha muller? A intelixencia.
- Que agardas das túas amizades? Amor.
- O teu principal defecto? Tendo a afogar, ás veces, en vasos de auga.
- A túa ocupación favorita? Facer música.
- O teu ideal de felicidade? Estar coa miña xente tirado no chan mentres arde a leña na cheminea.
- Cal sería a túa maior desgraza? Que os que me queren deixen de quererme.
- Que che gustaría ser? Un dos membros dos Beatles.
- En que país desexarías vivir? Onde vivo. En Vigo, en Galicia.
- A túa cor favorita? O negro, coma Johnny Cash.
- A flor que máis che gusta? As orquídeas.
- Que paxaro prefires? As rolas. Lémbranme á infancia.
- Os teus autores/as favoritos en prosa? Borges, Philip Roth.
- E poetas? Borges. O Celso Emilio de amor, máis que o cívico. Walt Whitman.
- Un heroe de ficción? Non teño.
- Una heroína? Non teño.
- O teu músico ou música favorito/a? Claramente, os Beatles.
- O teu pintor ou pintora preferido/a? Salvador Dalí.
- O teu heroe ou heroína na vida real? O meu pai.
- O teu nome favorito? Naia.
- Que hábito alleo non soportas? O hábito de moita xente de conducir poñéndonos en perigo aos que conducimos ben.
- Que é o que máis detestas? A deslealdade.
- Unha figura histórica que che poña mal corpo? Santiago Abascal.
- Un feito histórico que admires? A revolución cultural xuvenil dos anos 60 do século pasado.
- Que virtude desexarías posuír? A tranquilidade.
- Como che gustaría morrer? Coa cabeza no meu sitio e de súpeto, sen enterarme.
- Cal é o estado máis común do teu ánimo? Optimista.
- Que defectos che inspiran maior indulxencia? A falta de atención.
- Tes unha máxima ou lema de vida? Si: relativiza. Mañá sae o sol de novo.