A realidade supera a ficción. Pedro Feijoo, un dos autores galegos máis exitosos, sorpréndenos cunha novela na que é imposible non recoñecer a persoas reais, persoas de carne e óso que protagonizan a política apodrecida deste país, da Galiza. Ninguén contará a verdade, que mereceu o Premio Xerais 2023, é unha obra poliédrica, na que […]
“As palabras poden mancar, enfermar e mesmo matar”. María Reimóndez é unha autora, tradutora e intérprete galega feminista, que cre no cambio a través da literatura e que escribiu moitas das obras pioneiras no tratamento de temas feministas na Galiza. Penso na mítica novela O club da calceta, que pon no foco as desigualdades e […]
No país dos mil ríos temos a sorte de contar con outros miles de escritores e escritoras, cos que sentimos unha “fascinación comunitaria: sermos un en moitas voces que, acompasadas, cantan sobre a enramada de cinamomo”. Así describe Rexina Vega o que atoparemos no libro Miño. Antoloxía do relato galego actual, unha proposta ambiciosa que […]
Do 9 ao 26 de setembro de 1972, máis de quince mil obreiros da zona de Vigo foron á folga e reivindicaron polas rúas da cidade os seus dereitos laborais e vitais fronte ao réxime franquista. Aquelas semanas estiveron ateigadas de moita tensión, pero trouxeron cambios importantes na lexislación laboral e na organización sindical dos […]
O fútbol constitúe un feito social total, pois é un dos principais expoñentes de identidade dun territorio. Así o estableceu o xornalista Ignacio Ramonet no xornal Le Monde Diplomatique, e xa outros escritores coo Eduardo Galeano falaron deste deporte como mecanismos para facer comunidade. O fútbol simboliza a unión entre as persoas habitantes dun lugar, […]
As efemérides sempre son unha boa ocasión para recuperar voces ou para reivindicalas doutra forma. Este 2022, coincidindo co centenario de María Casares, as editoriais galegas apostan por obras que falan desta muller renovadora do teatro e que sufriu o exilio froito do golpe de estado e da ditadura. Propostas como María Casares. A célebre […]
A protagonista e narradora namórase dun rapaz que le a Derrida e soña con que sexa o seu mozo. Soña ata a obsesión. Estaría disposta a facer o que fose. E isto é quizais o que a leva a unha espiral de control na que el a vai apertando cada día un pouco máis. A […]
Como e por que escribimos? Pode a literatura axudarnos? Dende o principio dos tempos, a humanidade precisou das historias para sobrevivir, representarnos, e mesmo evadirnos. Proba diso son as imaxes das covas de Altamira, ou os contos a pé da lareira que nos contaban os nosos avós e avoas. Baixo a forma que sexa, non […]
Non me gusta o fútbol como espectáculo. Porque creo que é algo máis, e que nada ten que ver o que temos hoxe que como naceu en orixe. Non me gusta ese espectáculo nin o falso xornalismo que se fai tras el. Pero Héctor Pena consegue reverter esta sensación. Xornalista especializado en deportes galegos na […]
“O fútbol é un xogo difícil. Oscilando entre o amor e a renuncia, entre estar a prol e en contra, entre o potencial do fútbol e a ignorancia futbolística; este libro escava e afonda nesa gran paixón persoal e desordenada que temos polo xogo”. Así resume Boff Whalley o que atoparemos en Fútbol contra o […]