«O cemiterio de barcos» de Francisco Castro

“Hai feridas que veñen de moi atrás e nin podemos sospeitar cando se fixeron nin, moito menos, se algunha vez pecharon”.

Atopo esta cita n’ O cemiterio de barcos, a nova novela de Francisco Castro destinada ao público xuvenil pero que consegue atrapar a máis lectorado, sobre todo porque o autor trata temas de candente actualidade como a memoria histórica ou as violencias machistas, por certo moi recorrentes na súa obra, sen esquecer a intriga e os recursos que nos fan querer seguir lendo. Creo que este é o obxectivo que perseguirían todas as novelas, e máis aquelas que se dirixen prioritariamente a unha franxa de idade que necesita de historias coas que se identifique.

O cemiterio de barcos conta a historia de amor e amizade entre David e Lucía, dous mozos que se coñecen nunhas vacacións de verán e que vivirán unha serie de aventuras nas que se combina o misterio e o seu crecemento como persoas. Como toda novela deste estilo, Francisco Castro ensambla dúas formas de narración que contribúen a manter a intriga e a non frear a lectura: dunha parte, atopamos un narrador omnisciente que nos conta o que vai acontecendo dende que eses dous mozos se coñecen ata que comezan a investigar sobre un estaleiro abandonado; e da outra lemos o diario no que a moza vai escribindo o que lle acontece e a situación de control ó que a somete a súa parella. Así, o que pretende o autor é facernos reflexionar sobre as distintas formas nas que se manifesta a violencia machista, e a toxicidade de certas relacións que demasiadas veces se normalizan. Estamos, entón, diante dunha novela que se deixa ler, que nos atrapa, pero que adoece de certos males, sendo o principal que resulta tópica nos acontecementos e sucesos que propón, ademais de que nela atopamos unha certa pose moralizante que pode botar cara atrás ao lectorado máis avezado, acostumado a ler moitas novelas deste estilo.

Recoñezo que é, así e todo, unha novela que entretén, que nos engancha e que propón temas necesarios sobre os que é necesario seguir reflexionando, e sobre todo, axuda a poñer no foco e achegar ás novas xeracións que son posibles outras formas de amor, máis igualitarias, e afastadas da toxicidade, do control e do sometemento das mulleres. Con iso nos teriamos que quedar.

Ficha técnica

Título: O cemiterio de barcos

Autor: Francisco Castro

Ano de publicación: 2021

Editorial: Galaxia

Número de páxinas: 289

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.