Xeración perdida

Francisco Castro, autor de "Amor é unha palabra coma outra calquera"

Virginia Woolf dixo un día que «nada acontece en realidade ata que non se retén na memoria». Esta cita é a elixida polo escritor vigués Francisco Castro para iniciar Xeración perdida, unha novela que parte da realidade para recalar na ficción máis verosímil.

A historia que temos entre mans parte precisamente da memoria, da dos libros, dos sabores e dos olores, da oral, desa que queda cando todos nós desaparecemos. Xeración perdida é unha novela que nace como unha lembranza para os que sobreviviron e, sobre todo, para os que non saíron da situación de drogodependencia na que parte da poboación moza caeu ao longo dos anos oitenta. Foron estes uns anos duros, nos que as persoas comezaron a experimentar con algo que aínda non se sabía que era perigoso, nin o alcance real e impacto nas vidas: a heroína.

Foron moitos os que naqueles barrios vigueses dos oitenta comezaron a deixarse levar por unha substancia que lles facía ser outros, que os levaba a outro mundo, e aí recala a pluma do autor quen idea o posible reencontro entre unha persoa que logra saír dese mundo e outra que segue puxando por lograr conseguir algo grande. Dous homes contra un único destino, ou explicándoo mediante a ecuación do autor, o home é unha combinación de autorreflexión máis memoria. Una avogan por lembrar e outros restan no inmobilismo e nese ‘deixarse levar’.

No medio duns recordos dese mundo que marcou un antes e un despois, o escritor eríxese como un mediador, que se sente na necesidade de contar uns feitos que non son reais, pero que puideron acontecer perfectamente. E, coa filosofía como eixo central, a reflexión impónsenos case que de xeito obrigatorio, pois é imposible permanecer inmunes ante este texto.

Esta capacidade de reacción que nos inoculan as novelas de Francisco Castro entronca directamente coa idea que el ten da literatura, e que se expresa así nesta Xeración perdida:

«Non se pode ir de turistas pola literatura, de excursión pola vida».

Ficha técnica

descargaTítulo: Xeración perdida

Autor: Francisco Castro

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2004

Número de páxinas: 158

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.