«Tantos anos de silencio», de Francisco Castro

Francisco Castro, autor de "Tantos anos de silencio"

As citas do comezo dos libros sempre nos ofrecen pistas do que imos atopar, e por iso gusto tanto delas. Iso penso despois de rematar o libro Tantos anos de silencio, de Francisco Castro, e ver que todo o que se conta nel sabe a verdade, como xa auguraban o texto de Ángel González que o autor vigués inclúe ao comezo e que di: “- Por qué llorar, si todo en este libro es de mentira? / Y él respondió: / – Lo sé; pero lo que yo siento es de verdad”.  Neste sentido, creo que, ante todo, as dúas historias que nos conta Castro conseguen facernos sentir, non só esperanza senón tamén moitísima carraxe polo tempo pasado da guerra civil e da posguerra, e por un presente no que as mulleres aínda seguimos sendo especies de rango inferior, ás que moitos homes someten baixo os seus mandados. A crueldade está, pois, moi presente nesta novela que se le baixo a prístina da sinceridade, e tamén dende a conciencia política de quen a escribe. Porque, en moitas ocasións, escribir e ler constitúen exercicios de sinceridade e de posicionamento ante o mundo que habitamos.

Tantos anos de silencio comeza cando Ángela, unha investigadora histórica que atravesa unha etapa de moita dor e violencia de mans da súa parella, viaxa ata a zona de Flavia para comezar coas escavacións cunha fosa común na que se atopan os corpos de persoas executadas na Guerra Civil española. Dende o mesmo punto de inicio, as persoas lectoras sentiremos moita rabia, mais tamén, agromará en nós a esperanza porque o coñecemento nos salve de cometer os mesmos erros. A esta sensación contribúen as continuas alusións que se fan na novela ao mundo dos libros e do poder da literatura como axitadora de conciencias e semente de mudanzas e xustiza social.

“Tornamos fame por letras, a incultura por boas historias; leva un libro e non esquezas lelo e vir por máis. Eles tamén son alimento”.

Detrás da cita anterior, que pronuncia un dos personaxes da novela, eu creo recoñecer a Federico García Lorca, quen naqueles anos 30 ousou pronunciar un discurso revolucionario na inauguración da biblioteca de Fuente Vaqueros, que se coñece como “Medio pan e un libro”, no que recolle a idea da cultura como alimento e ben de primeira necesidade, e do que a editorial Kalandraka vén de publicar unha fermosa edición nas catro linguas do estado. Creo que esta é, pois, unha homenaxe en toda regra a un poeta cuxa voz quixeron calar os fascistas pero que logrou perdurar a pesar do tempo.

O libro, que se le dunha sentada debido á súa axilidade narrativa, é unha arma contra o esquecemento, un novo intento de sacar do silencio ás persoas que foron represariadas e ás mulleres que sofren maltrato na actualidade. Porque, a pesar de que os anos pasasen, os franquistas e os maltratadores seguen activos na nosa sociedade, e só con libros coma estes logramos facelos visibles.

“O silencio pode chegar a ser un costume. E o costume, ao final, vólvese silencio”.

Ficha técnica

Título: Tantos anos de silencio

Autor: Francisco Castro

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2020

Número de páxinas: 241

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Un comentario sobre “«Tantos anos de silencio», de Francisco Castro

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.