Ten límite a liberdade?

A loita pola liberdade levou a moitas persoas ao límite, a atravesar as probas máis duras para tentar conseguila. No noso pasado máis recente, o golpe de estado puxo a homes e mulleres entre a espada e a parede, e foi quizais naquel tempo, e en xeral nas guerras, cando máis se tivo constancia de […]

Leer Más

O sabor do prohibido

Todas as historias de amor comezan cunha mentira. Pode que todas as historias en xeral, pois sempre está aí o xogo da imaxinación e da memoria, que son moi traidoras. Matino sen parar nestas dúas ideas logo da lectura de Días felices con Fábia, na que se leva ao extremo unha mentira para facernos crer […]

Leer Más

Todas as guerras son a mesma

Adoita dicirse que na crueldade sempre agroma a beleza, e por iso a literatura que me parece máis frutífera é aquela que transita sobre a dor. Tal e como xa fixera Ledicia Costas n’ Un animal chamado Néboa, Antón Riveiro Coello sorpréndenos agora con Días de intemperie, un libro de relatos sobre a guerra, nos […]

Leer Más

O combustible de narrarse

Un home foxe de alguén, do pasado ou de si mesmo, e avanza cara adiante, case sen alento, buscando un futuro sen saber sequera se o haberá. Camiña precipitadamente dende a Colonia, nun ambiente que o afoga, que o apreixa, que lle fai perder case a vida. De aí, dese lugar, que é en realidade […]

Leer Más

Cuestionario Proust: Francisco Castro, escritor e director da editorial Galaxia

Escritor e director xeral de Editorial Galaxia dende decembro de 2016, Francisco Castro conta cunha gran cantidade de libros publicados tanto para público adulto como infantil e xuvenil, entre os que destacan títulos como Chamádeme Simbad, Amor é unha palabra coma outra calquera, Tes ata as dez, Xeración perdida, Tantos anos de silencio e, recentemente, […]

Leer Más

Entrevista Sara Vila: “Quixen reflectir os medos que actúan como mecanismo de control das mulleres para restarlles liberdade”

Os premios literarios sempre nos dan grandes sorpresas. Así aconteceu este ano co Premio Illa Nova de Narrativa, convocado pola Editorial Galaxia  co obxectivo de dar a coñecer novos talentos, e que nesta edición nos sorprendeu con Oito días sen Eva Cortes, da xornalista pontevedresa Sara Vila. Nada no municipio de As Neves no 1989, […]

Leer Más

«O cemiterio de barcos» de Francisco Castro

“Hai feridas que veñen de moi atrás e nin podemos sospeitar cando se fixeron nin, moito menos, se algunha vez pecharon”. Atopo esta cita n’ O cemiterio de barcos, a nova novela de Francisco Castro destinada ao público xuvenil pero que consegue atrapar a máis lectorado, sobre todo porque o autor trata temas de candente […]

Leer Más

“A vida secreta de Úrsula Bas”, de Arantza Portabales

Arantza Portabales, autora de "Beleza vermella"

Queriamos máis Abad e Barroso e o desexo foinos concedido. Arantza Portabales continúa no camiño da novela policiaca que xa iniciara con gran éxito en Beleza vermella e volve facelo cunha historia na que se ensambla una intriga levada ao estremo coa profundidade psicolóxica e a análise da sociedade actual. “Ao fin de contas, madurar […]

Leer Más

“Illa Decepción” de Berta Dávila

Quizais por un exceso de fabulación, teño unha obsesión que me persegue dende que era nena: indagar nas casas alleas, ou tentar adiviñar a forma de vida das persoas que habitan certos espazos. Moitas veces, cando paso co coche por un lugar abandonado, e vexo unha xaboneira ou calquera outro obxecto diante do patio dunha […]

Leer Más