Combinacións de literatura infantil para volver ser unha nena (2)

"O cataventos" e "Xulia Minguillón"

Fai unas semanas descubríavos neste espazo a lectura de dous libros infantís pero que ben poderían gustar a todos os públicos que se acheguen a eles: A brétema, de María Victoria Moreno e Xandra, a landra que quería voar, de Mercedes Queixas Zas, ámbolos dous editados por Urco e ilustrados por dúas mulleres. Agora non […]

Leer Más

Guedellas de seda e liño

María Victoria Moreno é a homenaxeada nas Letras Galegas 2018

Se tivese que definir o mellor que pasou no 2017 en canto á literatura galega diría María Victoria Moreno, por tres motivos. O primeiro é porque se converte na  cuarta  muller en dedicárselle o Día das Letras Galegas (dende o 1963, estas homenaxes recaeron maioritariamente en homes). O segundo é o relativo ao cariño que […]

Leer Más

A vida sinxela de Marcelo Firmamento

Vanesa Santiago, autora de "A vida sinxela de Marcelo Firmamento"

O pasado domingo coñecín a Marcelo Firmamento. Coñecer, si. Dígoo ben, pois Vanesa Santiago preséntanos a un personaxe que ben podería ser unha persoa de carne e óso, un veciño calquera da nosa aldea, un soñador nato. A escritora sadense, que pasa abondosas tempadas do seu día a día como xestora dunha biblioteca, constrúe n’ […]

Leer Más

Non hai luz sen escuridade

Andrea Barreira, autora de "Non hai luz sen escuridade"

Fan falta libros que nos lembren que as nosas vidas están ateigadas de momentos malos e bos, pero que depende dos anteollos que poñamos veremos o lado máis ou menos positivo. Que a vida depende, en boa maneira, da cara coa que a afrontes, é unha idea que se adoita defender, pero que non sempre […]

Leer Más

Querido H.P. Lovecraft

Antonio Manuel Fraga, autor de "Querido H.P. Lovecraft"

Hai estreas literarias que están predestinadas a triunfar. Ese é o caso de Antonio Manuel Fraga, escritor moi recoñecido polos seus libros infantís e xuvenís, que se aventurou cunha historia a cabalo entre os xéneros fantástico, a biografía, e a novela confesional. E vaia resultado. Querido H.P. Lovecraft foi merecedor do I Premio Antón Risco […]

Leer Más

Na butaca: escribir contra o esquecemento

sther f. carrodeguas escribe "Na butaca", un experimento literario contra o esquecemento

Contra o esquecemento, aínda quedan as letras. Ou mellor dito, é o único que realmente pode quedar cando todo semella caer pola borda. Diso é consciente sther f.carrodeguas, unha artista multidisciplinar, que se formou entre as letras, o audiovisual e o teatro, que verte toda esta mestura na súa última obra. Na butaca, que leva […]

Leer Más

Cunqueiro: A fabulación sen artificios (por Juan Parcero)

PRESENTACIÓN Está ben ler, aínda que sexan libros de Rowling, pero non nos confundamos, nisto hai clases. Un paralelismo: ver a tele pode ser bo ou pode ser un exercicio de baldío paso do tempo. Gran Hermano ou Sálvame arrasan, pero La2 marcou un fito de audiencia con “A morte tiña un prezo”. Qué é […]

Leer Más

Entrevista Cris Pavón: “Xa abonda coa historia do amor romántico escravizante no que te tes que manter casta e pura”

Cris Pavón iníciase na literatura con "Sangue 12", unha novela sobre vampiros, tecnoloxía e feminismo

Cris Pavón escribiu unha historia de vampiros, feminismo, tecnoloxía, e a cabalo entre dous séculos. Sangue 12, publicado por Urco Editora xa fai uns anos, é un libro protagonizado por adolescentes pero que ben pode facer reflexionar a todo o lectorado que se achegue a el. Con este arranque no panorama literario galego, esta profesora […]

Leer Más

«Sangue 12», unha historia vampírica e feminista

Cris Pavón é autora de "Sangue 12"

Non hai nada máis atraínte para min que atoparme con historias que se presentan como raras, xa que iso simboliza que vou atopar algo diferente e case sempre, unha forma de literatura novidosa.  A orixinalidade no tema e no seu tratamento é a característica que máis destaca en Sangue 12, novela coa que a coruñesa […]

Leer Más

Blues para Moraima

Miguel Anxo Fernández, autor de "Blues para Moraima"

“Sublebábame agardar á súa morte para ateigalo de loas e homenaxes, como tantas veces se fixera con outros persoeiros da cultura. Con Afonso eu quería chegar a tempo”. Atendendo á cita anterior xa tod@s saberemos que estamos diante dunha historia sobre a memoria histórica. E indo máis alá, o libro do que está sacada é […]

Leer Más