Non hai luz sen escuridade

Andrea Barreira, autora de "Non hai luz sen escuridade"

Fan falta libros que nos lembren que as nosas vidas están ateigadas de momentos malos e bos, pero que depende dos anteollos que poñamos veremos o lado máis ou menos positivo. Que a vida depende, en boa maneira, da cara coa que a afrontes, é unha idea que se adoita defender, pero que non sempre se ten clara.

Nun período tan decisivo como a adolescencia, é de aplaudir que existan iniciativas que incidan nese incremento da seguridade e da autoestima, tal e como fai Andrea Barreira Freije no seu libro Non hai luz sen escuridade. Nel, coas fórmulas do xénero fantástico, preséntanos a Lea, unha feiticeira das tebras  que vive entre a escuridade e o frío, e que debe ir na procura dun dragón a quen debe domar, e co que así incrementará os seus poderes. Nese camiño, no que pasará por moitas fases e lugares, decatarase que todo o que realmente busca se atopa en si mesma, e que só ten que frear un momento e facer unha introspección.

Non hai luz sen escuridade  supón unha estrea moi madura, na que se manexan á perfección as técnicas de escrita para os lectores e lectoras máis nov@s. Aínda que tamén poderemos gozar desta historia na idade adulta.

“A noite en que Lea naceu non había lúa. Porén, os lobos cantaron sobre o seu choro mentres, ante a porta negra da fortaleza, unha lobeta moura agardaba a ser recibida. Sixilosa, atravesou o corredor que se estendía baixo unha bóveda que acadaba o ceo. O salaio guiouna até un cuarto xélido. Alí, soa, nunha maraña de teas, enredábase a nena. Nada máis vela, os seus saloucos cesaron”.

Subxace aquí unha idea moi interesante: a de que o importante é o camiño, e non tanto a meta, como a miúdo, e erradamente, poidamos pensar. O espazo e o tempo técense cos personaxes que Lea vai atopando, e que achegan esas diversas formas que temos á hora de afrontar os problemas ou actuar ante determinadas cuestións. Polo anterior, podo afirmar que o libro ten un claro sentido de entretemento, mais, sobre todo, de aprendizaxe persoal.

Ideal para a rapazada que se atopa inmersa nun cuestionamento sobre todo o aprendido ata entón, e sobre a propia identidade.

Sempre vén ben lembrar quen somos e onde estamos.

Ficha técnica

Título: Non hai luz sen escuridade

Autora: Andrea Barreira Freije

Editorial: Urco (xuvenil)

Ano de publicación: 2015

Número de páxinas: 189

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

2 comentarios sobre “Non hai luz sen escuridade

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.