“Acumulamos obxectos inútiles e ninguén nos obriga a sentirnos orgullosos deles. Rexeitamos a idea dun obxecto final que remate a colección porque suporía a rendición. Por iso nunca damos una colección por pechada. A vida é gris se non hai ambición. Para nós, o coleccionismo é a escusa ideal para vernos e… divertirnos”. Existen certos […]
“E o tempo no cárcere non é un tema menor. Non o tempo de chover, facer sol ou vento. Non. Non. O outro. O que dura unha eternidade cando cae o solo e se apagan as luces. Ese que chama pola desesperación nos momentos de descanso. O que berra nas tardes de verán por unha […]
Confésoo. Son unha coleccionista empedernida deses libros que chaman por min desde os andeis dunha libraría. E confeso tamén, con orgullo, que ás veces busco o encontro cos libros para que sexan eles os que me conquisten. Confeso, unha vez máis, que son culpable de atopar sosego nas historias que agochan os libros, e que […]
Anna R. Figueiredo estréase na literatura cunha primeira novela á altura das grandes obras que nacen dun amplo goce da lectura. Porque, como adoita dicirse, antes que escritores debemos ser lectores, pois este oficio só se aprende a base de ler moito e variado. Quero dicir con isto que Os bicos feridos non semella unha […]
As persoas que vos asomades acotío por esta páxina sabedes do meu medo a comentar poesía, quizais debido á vertixe que me produce non ser quen de expresar o sentimento que me produce ler e recoñecerme en poderosos versos. E é que a poesía goza de ser o xénero que máis intimamente nos entende. Non […]
Na consecución da igualdade entre homes e mulleres o piar básico é a educación e o cambio desde abaixo, é dicir, coas novas xeracións do presente e do futuro. Nesta tarefa na que os centros educativos e as familias traballan man a man, xorden iniciativas moi interesantes que ofrecen a posibilidade de que as nenas […]
Escribe desde a conciencia e a reivindicación. María Reimóndez é unha das autoras máis importantes do panorama literario galego, e ten gañado certames tan importantes como o XXXI Premio Xerais de Novela por Dende o conflito, o XIV Premio de Novelas por Entregas de La Voz de Galicia con A dúbida ou o Premio Johán […]
María Reimóndez é unha das grandes referentes da literatura galega actual, e unha firme defensora da perspectiva feminista en todos os ámbitos da vida. Por iso, cada vez que lemos unha novela súa sempre atopamos esa ideoloxía de xénero que actúa como compromiso social. Porque ela concibe a literatura como unha ponte para tender lazos […]
Lin Laura no deserto cando pasaba por unha etapa dura, nuns días (semanas) nas que precisaba de liñas que me explicasen a necesidade que temos moitas veces de emendar a culpa e de buscar a nosa propia identidade. A novela máis ambiciosa de Antón Riveiro Coello axudoume a sobrelevar mellor a vida, cuestión que en […]
Sempre resulta un misterio coñecer como unha persoa moi vinculada cos libros aprendeu a amalos, e máis como foi o camiño desde o odio ao encantamento e á maxia. Ese atractivo, que non deixa de ter unha causa algo voyeur, increméntase cando vexo a portada de Como aprendín a ler, da francesa Agnés Desarthe, na […]