Cris Pavón escribiu unha historia de vampiros, feminismo, tecnoloxía, e a cabalo entre dous séculos. Sangue 12, publicado por Urco Editora xa fai uns anos, é un libro protagonizado por adolescentes pero que ben pode facer reflexionar a todo o lectorado que se achegue a el. Con este arranque no panorama literario galego, esta profesora […]
Non hai nada máis atraínte para min que atoparme con historias que se presentan como raras, xa que iso simboliza que vou atopar algo diferente e case sempre, unha forma de literatura novidosa. A orixinalidade no tema e no seu tratamento é a característica que máis destaca en Sangue 12, novela coa que a coruñesa […]
“Sublebábame agardar á súa morte para ateigalo de loas e homenaxes, como tantas veces se fixera con outros persoeiros da cultura. Con Afonso eu quería chegar a tempo”. Atendendo á cita anterior xa tod@s saberemos que estamos diante dunha historia sobre a memoria histórica. E indo máis alá, o libro do que está sacada é […]
Carlos Casares, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, destaca pola súa capacidade para novelar unha realidade que se insire no convulso panorama da narrativa de posguerra, e foi dos primeiros en abordar o conflito como tema literario. Con motivo da efeméride deste 2017, leo de novo a Casares, […]
Botar a vista ao pasado para recordar certos feitos nunca está de máis. Eu diría que cada certo tempo deberiamos de virar a cabeza para ver os porqués do que realmente somos. Esta visión ben puidera facerse sobre todo no ámbito da medicina, onde se avanzou tanto que hoxe moitos pensamos que sempre foi así, […]
Gravar ou escribir para acreditar que o que nos sucede é real. Falar diante dunha cámara para testemuñar que un día nos ocorreu algo insólito e que cambiou o sentido da nosa vida. Verter os nosos sentimentos diante dun micro, que nos axude a comprender quen somos realmente tras esta crise que nos afoga. Con […]
“Só. Illado nun mar de edificios, sen faro ningún que procurar”. Fálanos aquí unha voz narradora que describe a soidade que sente un escritor que está pechado contra a súa vontade nun apartamento no medio dun mar de rañaceos. Con el comeza a nova novela de Iria Collazo López. Digo novela á mantenta, porque xa […]
Somerxerse no Nordeste de Daniel Asorey resulta una experiencia perigosa e revolucionaria. Nesta primeira novela, o autor fálanos da loita das mulleres por acadar o mesmo estatus que os homes, e tamén explora esoutra parte do ser humano que desde sempre loitou por eliminar as barreiras entre as clases máis ricas e os desclasados. Vexamos. […]
Descubrín a maxia da escrita de Antón Riveiro Coello e volvín recuperar a cidade de Compostela na que vivín tantos anos nas páxinas de Os elefantes de Sokúrov. Explícome, deixei xa fai uns anos a Cidade do Apóstolo, na que tantos e bos momentos vivín e á que volvo cada certo tempo, ben sexa fisica […]
Francisco Castro es un vigués, ex profesor de filosofía y editor, pero es también el fenómeno editorial gallego, un ejemplo de que nuestra literatura tiene mucho que demostrar al mundo. En sus libros, las historias enganchan de una forma impensable, debido al manejo de los mecanismos de la intriga y de la economía lingüística. Vigués […]