Querido H.P. Lovecraft

Antonio Manuel Fraga, autor de "Querido H.P. Lovecraft"

Hai estreas literarias que están predestinadas a triunfar. Ese é o caso de Antonio Manuel Fraga, escritor moi recoñecido polos seus libros infantís e xuvenís, que se aventurou cunha historia a cabalo entre os xéneros fantástico, a biografía, e a novela confesional. E vaia resultado. Querido H.P. Lovecraft foi merecedor do I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica convocado pola editorial Urco en colaboración con outras entidades. Por se este galardón non fose suficiente, fai pouco vén de concedérselle o Premio da Crítica de Galicia, e neste ambiente de euforia descubro ao Lovecraft visto doutro xeito.

Querido H.P. Lovecraft é unha noveliña moi intensa, nela cúmprese esa máxima de que o bo, se breve, dúas veces bo, pois con tan só 150 páxinas consegue evocar unha historia que nos ofrece o mellor de Lovecraft e do seu amigo, Robert E. Howard. Partindo dunha carta real, o autor artella unha correspondencia na que Howard se dirixe ao seu amigo para contarlle os sucesos que o levarán ao suicidio. O xogo que se nos plantexa é moi interesante, pois xa dende as primeiras liñas sabemos o final, pero seguimos pegados ao libro por recoñecer os porqués.

Todo comeza cando o fantasista texano, Howard, comeza a percibir unha serie de estraños acontecementos que o levan a querer poñer fin á súa vida, non sen antes contarllo ao seu prezado amigo, que non é outro que Lovecraft, e ao que lle envía unha serie de epístolas que non reciben resposta. Son, pois, unha carreira de fondo ata os infernos, da que nós, os lectores e lectoras, somos partícipes.

O trunfo de Antonio reside precisamente na capacidade para escribir unha obra que se sitúa a medias entre os xéneros fantástico máis puro, a epístola e ata os aspectos máis biográficos. Xa dende o mesmo comezo, a voz do autor fálanos para advertirnos de que o texto é resultado de cotexar unha abondosa cantidade de fontes bibliográficas, que “que peneiran desde a correspondencia do propio círculo lovecraftiano até un concienzudo estudo dos automóbiles que na súa vida conduciu Howard, pasando por análises psicolóxicas, artigos de opinión de seareiros do xénero, diversos filmes, material fotográfico, etc”.

Sen dúbida, unha historia chea de todos os elementos que máis me gustan: a intriga aderezada con tinturas máis reflexivas, que me levan a pensar na soidade do individuo, nos porqués que se atopan detrás de moitos suicidios, nos elementos paranormais que nos levan a pensar na tolemia … En definitiva, unha novela da que van gustar tanto as persoas que admiren a Lovecraft como aquelas que, coma min, aínda non se iniciaron nela.

Ficha técnica

Título: Querido H.P. Lovecraft

Autor: Antonio Manuel Fraga

Ano de publicación: 2016

Editorial: Urco

Número de páxinas: 151

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.