Combinacións de literatura infantil para volver ser unha nena (2)

"O cataventos" e "Xulia Minguillón"

Fai unas semanas descubríavos neste espazo a lectura de dous libros infantís pero que ben poderían gustar a todos os públicos que se acheguen a eles: A brétema, de María Victoria Moreno e Xandra, a landra que quería voar, de Mercedes Queixas Zas, ámbolos dous editados por Urco e ilustrados por dúas mulleres.

Agora non podería deixar de recomendarvos outras dúas historias. O cataventos é un conto que fora escrito pola homenaxeada nas Letras Galegas 2018 e que nos fala da liberdade, da envexa e da ambición a través da historia dun galo fachendoso de nome Don Pío.  Estamos diante dun libro de valores, no que apreciamos a querenza da autora polo rural e pola riqueza presente na natureza, que se define nas verbas da autora mais tamén nas ilustracións de Lara Torres Rodríguez.

Á seguinte proposta téñolle un apego especial, pois é o cuarto libro da colección “Mulleres bravas da nosa historia”, tamén de Urco,  editorial dende a que están realizando unha labor potente e valente de recuperación de mulleres na historia galega. Tras as tres primeiras entregas adicadas a Rosalía de Castro, María Victoria Moreno e Maruja Mallo, é a quenda agora de Xulia Minguillón, que vén con textos de María Reimóndez e ilustracións de Eva Agra. Tendo en conta ao público infantil, o que se nos propón é unha viaxe á vida e obra desta pintora lucense da man dunha cadeliña chamada Tyla. Así, tanto a rapazada como as persoas adultas, coñecerán a unha das grandes esquecidas das nosas artes plásticas, unha artista que foi quen de retratar esa época do século XX no que lle tocou vivir.  De feito, no libro fálase das dificultades que tivo que sortear para facerse cun nome nun oficio eminentemente masculino.  E, como se di no libro, todos e todas nos poderemos recoñecer nos seus cadros.

Con estas obras os máis cativos e cativas poderán reflexionar sobre os valores que fan que a  vida teña un sentido xusto e comezar a amar as letras. Ben seguro que calquera que teña fillos/as querería darlle a coñecer historias coma estas, e por iso volas recomendo.

 

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.