Podo dicir, sen medo a equivocarme, que Berta Dávila é unha das grandes voces da narrativa galega actual. Nada en Santiago de Compostela en 1987, é autora de poemarios como Corpo baleiro (2007) e Raíz da fenda (2013, Premio Johán Carballeira, Premio da Crítica española, Premio da AELG). No eido da narrativa, iniciouse con Bailarei […]
Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, é atípico, sobre todo porque non podo asistir a actos públicos de conmemoración que tanto me gustan. Con todo, e a pesar das circunstancias actuais, dende Lecturafilia organizo a miña propia celebración. Sabedes como? A pasada semana realicei unha enquisa en Facebook e Twitter para preguntarvos que […]
“Veño de definir as fronteiras do meu corpo. Veño de marcar a liña que nunca ninguén deberá sobrepasar. Esta botella e máis eu formamos parte do mesmo corpo. Nunca se che ocorrería beber dela sen o meu consentimento”. Sorpréndeme a nova novela de Alberte Momán, tanto polo formato como polo contido. Como el mesmo explica […]
Nesta semana seguimos apostando pola cultura e, máis concretamente, pola literatura, para facernos a vida un pouquiño máis agradable. Onte publiquei un artigo con recomendacións de libros en castelán que me fan feliz e, como non podía ser doutra forma, hoxe é a quenda de libros en galego que tamén nos achegan boas vibracións para […]
Gústame a literatura ousada, a que é quen de coarse nos intersticios da realidade para contarnos o que non vemos pero que está aí. Iso fai Berta Dávila na súa recente e agardada nova novela, Carrusel, na que nos propón unha historia que fala de todos e cada un de nós sen que apenas nos […]
“Aquel comentario fíxome rir. A amizade é iso. Unha regaña de sol que seca as bágoas e aspira a tristura coma a trompa dun elefante”. Supoño que é un desexo común de todos os nenos e nenas o de querer vivir unha aventura inesquecible. Por iso, aínda cando a realidade teime en parecer normal, a […]
“Cando unha non é fidalga, é dicir, de boa familia, nin ten o diñeiro suficiente para poder estudar, non estuda. E punto, sobre todo pasa isto cando unha é unha e non é un. As saias impiden todo, de sempre. Coan o aire polos baixos arrefriando as pernas, o cu e o que non é […]
“Acumulamos obxectos inútiles e ninguén nos obriga a sentirnos orgullosos deles. Rexeitamos a idea dun obxecto final que remate a colección porque suporía a rendición. Por iso nunca damos una colección por pechada. A vida é gris se non hai ambición. Para nós, o coleccionismo é a escusa ideal para vernos e… divertirnos”. Existen certos […]
“E o tempo no cárcere non é un tema menor. Non o tempo de chover, facer sol ou vento. Non. Non. O outro. O que dura unha eternidade cando cae o solo e se apagan as luces. Ese que chama pola desesperación nos momentos de descanso. O que berra nas tardes de verán por unha […]
Confésoo. Son unha coleccionista empedernida deses libros que chaman por min desde os andeis dunha libraría. E confeso tamén, con orgullo, que ás veces busco o encontro cos libros para que sexan eles os que me conquisten. Confeso, unha vez máis, que son culpable de atopar sosego nas historias que agochan os libros, e que […]