Carrusel

Berta Dávila, autora de 'Carrusel'

Gústame a literatura ousada, a que é quen de coarse nos intersticios da realidade para contarnos o que non vemos pero que está aí. Iso fai Berta Dávila na súa recente e agardada nova novela, Carrusel, na que nos propón unha historia que fala de todos e cada un de nós sen que apenas nos decatemos. As súas páxinas, escritas cun coidado exhaustivo, lévannos de cheo ás nosas partes ocultas para facernos pensar sobre as enfermidades mentais e o pouco que sabemos delas. É unha tarefa complexa que, con todo, a autora consegue levar a bo porto para tecer un dos libros máis salientables desde 2019, moi en concordancia coa súa anterior novela O derradeiro libro de Emma Olsen.

Berta Dávila remexe nos ocos que temos como seres humanos para presentarnos unha historia que conta moito pero que tamén se desenvolve nos silencios das personaxes, nese non saber o que pasa, que nos leva á vida mesma.

Esa necesidade de controlar as poucas cousas que poden controlarse, de anotalas e darlles forma, parécese moito ao que eu fago: escribir para comprender a infinidade do mundo en que vivo coma se fose unha casa que me pertence”.

O argumento céntrase na crise creativa que atravesa unha escritora e que a leva a acudir ao seu pasado na busca dos porqués da súa situación vital, un percorrido no que se atopa de cheo coa maternidade e coas enfermidades mentais que padeceron varias persoas da súa familia e que a protagonista tamén semella padecer. A través da combinacións de reflexións interiores e da volta ao pasado, a novela tórnase nun carrusel que define á perfección o que serían moitas das vidas actuais. Na busca da identidade que emprende a narradora, imos coñecendo as circunstancias da súa familia e da infancia na que non comprendía o que acontecía ao redor, sempre con evasivas sobre o que lle pasaba ao tío Carlos e á súa nai. Os tabús sobre as doenzas que afectan á mente poucas veces son tratados na literatura, e máis da forma na que o fai a escritora santiaguesa, posuidora dun estilo a cabalo entre o intimismo e a realidade social, e que condensa as grandes preguntas da humanidade. Así mesmo, presente está tamén o debate en torno ao sentido da escrita, aos porqués da mesma e ao seu sentido nas sociedades actuais, co cal se abriría outra liña de debate interesante.

A escrita é unha cicatriz, un elefante branco que insisto en conservar a pesar de todo o que me arrebata, igual que o boneco de trapo que tío Carlos mercou para min e que permanece ao meu carón todos estes días, mentres remato este libro. Con frecuencia pregúntome a que renunciei eu a cambio das noites e das palabras, das intuicións e das matemáticas. A literatura estragou as miñas mellores horas de amor, mais é o meu disfrace, precísoa para recoller certezas coas que vestirme para estar no mundo, para ordenar o que falta e o que me sobra”.

Ficha técnica

Título: Carrusel

Autora: Berta Dávila

Editorial: Galaxia

Premio García Barros 2019

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 121

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Un comentario sobre “Carrusel

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .