Conexión Macarrón

Ledicia Costas, autora de "Conexión Macarrón"

Aquel comentario fíxome rir. A amizade é iso. Unha regaña de sol que seca as bágoas e aspira a tristura coma a trompa dun elefante”.

Supoño que é un desexo común de todos os nenos e nenas o de querer vivir unha aventura inesquecible. Por iso, aínda cando a realidade teime en parecer normal, a cativada tende a imaxinar e a inventar os mundos máis fantásticos, uns mundos, por certo, ateigados de aventuras e soños imposibles. Iso é Conexión Macarrón, o novo libro de Ledicia Costas co que a autora viguesa defende a necesidade de vivir experiencias inesquecibles. Ela, creadora de novelas nas que as aventuras máis delirantes teñen lugar, reivindica o noso dereito a idear mundos marabillosos e a crer no que nos pete, como fan os protagonistas, Espe e Rino, dous nenos aos que non lles gustan os paraugas, e por iso agardan baixo un tobogán a que pare de chover. Ata que un día se lles aparece un señor fúnebre que os tenta con acompañalos á casa dado que vivía no seu mesmo edificio. A ese señor sospeitoso pronto o imaxinan como un extraterrestre, o que levará aos dous protagonistas a idear un plan macarrónico.

Conexión Macarrón conta coas fermosas ilustracións de Laura Suárez, que dotan o argumento de verosimilitude e realismo, e que fan que os lectores e lectoras gocemos dunha dupla lectura: dunha banda, a ideada pola propia autora e, doutra, a dos debuxos que complementan e engaden novos significados á historia.

A vida tamén é iso: soñar e quererse moito. Ata as estrelas”.

Este libro, a pesar da súa brevidade, contén moitas mensaxes que se sitúan ao mesmo nivel que a aventura. Por exemplo, non pasa desapercibida a defensa dos dereitos das persoas a soñar e a ser felices, ou o peso da amizade. Imaxino tamén que o señor misterioso que aparece neste libro ben podería simbolizar unha homenaxe ao avó da autora viguesa, un home que, segundo ela mesma recordou nas súas presentacións literarias, tiña moita imaxinación e ideaba inventos do máis curiosos.

Se aínda non coñecedes a Ledicia Costas, non deixedes de lela. Os seus libros gustan tanto a pequenos como a maiores, quizais porque é quen de describir sensacións universais.

Ficha técnica

Título: Conexión Macarrón

Autora: Ledicia Costas

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2019

Número de páxinas: 40

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.