Na literatura, o máis difícil de conseguir é a voz propia. A miúdo, as persoas que escriben reflexionan sobre o que lles gusta e poden tentar replicalo ou, o que sería idóneo, interiorizalo e producir unha voz diferente. Aí, nesa orixinalidade vense os verdadeiros escritores e escritoras. A xornalista Ana Cabaleiro despuntou na narrativa galega […]
Cando era adolescente vin por primeira vez actuar na televisión a Dorotea Bárcena, no papel de ‘Amadora’ no marco dos espectáculos de humor que facían Os Tonechos. De seguro que esta é a imaxe que lle vén á maioría da xente á cabeza, o que non deixa de ser unha visión reduccionista e inxusta. O […]
Se hai algo que adoro da literatura de Ana Cabaleiro é, precisamente, a súa capacidade para reivindicar nos seus textos a mulleres valentes e a súa querenza polo rural. Nada en Saídres (Silleda, 1974), é licenciada en Xornalismo, profesión que exerce intermitentemente desde hai dúas décadas. Cursou, ademais, o Master en Estudos Teóricos e Comparados […]
Ledicia Costas é hoxe unha das grandes escritoras galegas, un camiño que comezou tras deixar atrás a súa carreira de Dereito. Especializada en literatura infantil e xuvenil, ten colleitado moitísimos premios, e de entre a súa ampla produción destacan Unha estrela no vento, Escarlatina, a cociñeira defunta, Jules Verne e a vida secreta das mulleres […]
Podo dicir, sen medo a equivocarme, que Berta Dávila é unha das grandes voces da narrativa galega actual. Nada en Santiago de Compostela en 1987, é autora de poemarios como Corpo baleiro (2007) e Raíz da fenda (2013, Premio Johán Carballeira, Premio da Crítica española, Premio da AELG). No eido da narrativa, iniciouse con Bailarei […]
Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, é atípico, sobre todo porque non podo asistir a actos públicos de conmemoración que tanto me gustan. Con todo, e a pesar das circunstancias actuais, dende Lecturafilia organizo a miña propia celebración. Sabedes como? A pasada semana realicei unha enquisa en Facebook e Twitter para preguntarvos que […]
“Veño de definir as fronteiras do meu corpo. Veño de marcar a liña que nunca ninguén deberá sobrepasar. Esta botella e máis eu formamos parte do mesmo corpo. Nunca se che ocorrería beber dela sen o meu consentimento”. Sorpréndeme a nova novela de Alberte Momán, tanto polo formato como polo contido. Como el mesmo explica […]
Nesta semana seguimos apostando pola cultura e, máis concretamente, pola literatura, para facernos a vida un pouquiño máis agradable. Onte publiquei un artigo con recomendacións de libros en castelán que me fan feliz e, como non podía ser doutra forma, hoxe é a quenda de libros en galego que tamén nos achegan boas vibracións para […]
Gústame a literatura ousada, a que é quen de coarse nos intersticios da realidade para contarnos o que non vemos pero que está aí. Iso fai Berta Dávila na súa recente e agardada nova novela, Carrusel, na que nos propón unha historia que fala de todos e cada un de nós sen que apenas nos […]
“Aquel comentario fíxome rir. A amizade é iso. Unha regaña de sol que seca as bágoas e aspira a tristura coma a trompa dun elefante”. Supoño que é un desexo común de todos os nenos e nenas o de querer vivir unha aventura inesquecible. Por iso, aínda cando a realidade teime en parecer normal, a […]