Marta Dacosta é unha poeta reivindicativa, das que recollen a realidade que lles toca vivir e a converten en protesta. Así o fai dende nos recentes versos do poemario Na casa da avoa, unha advertencia de que é necesario que as mulleres tomemos conciencia do lugar que ocupamos no mundo e do moito que fixemos […]
Lin A Candidata recomendada por unha boa amiga lectora, e impactou tanto en min que a definín coma un “disparo na caluga”. Esta descrición gustoulle moito ao seu autor, ao que hoxe entrevisto neste espazo. Miguel Sande (Arteixo, 1961) é xornalista, poeta e narrador, e con esta última novela vén de gañar o Premio García […]
Conmemoramos o Día das Letras Galegas, unha data na que me mostro moi agradecida por formar parte desta terra que tanto nos deu e da que tanto nos queda aínda que contar. Ao longo destes cincuenta e catro anos nos que xa levamos celebrando esta efeméride, pasaron moitas cousas, unhas veces a favor do […]
Carlos Casares, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, destaca pola súa capacidade para novelar unha realidade que se insire no convulso panorama da narrativa de posguerra, e foi dos primeiros en abordar o conflito como tema literario. Con motivo da efeméride deste 2017, leo de novo a Casares, […]
Un día alguén descobre que historias narradas por xentes de todo o mundo podían soar moi ben na nosa lingua. Un día alguén descobre que a normalización lingüística do galego pasa por dar a coñecer grandes obras nesta lingua. Dese desexo e, por que non, loita, nace en 2005 a Editorial Rinoceronte, con sede no […]
Este ano celébrase o centenario do nacemento da gran escritora Carson McCullers, data na que tamén se cumpren cincuenta anos do seu pasamento. Con motivo desta eferméride son moitas as reedicións da súa obra, polo que a súa escrita está tendo máis repercusión entre os seus seguidores, ao tempo que chega a novos perfís. Eu, […]
Botar a vista ao pasado para recordar certos feitos nunca está de máis. Eu diría que cada certo tempo deberiamos de virar a cabeza para ver os porqués do que realmente somos. Esta visión ben puidera facerse sobre todo no ámbito da medicina, onde se avanzou tanto que hoxe moitos pensamos que sempre foi así, […]
Gravar ou escribir para acreditar que o que nos sucede é real. Falar diante dunha cámara para testemuñar que un día nos ocorreu algo insólito e que cambiou o sentido da nosa vida. Verter os nosos sentimentos diante dun micro, que nos axude a comprender quen somos realmente tras esta crise que nos afoga. Con […]
Recoñezo que son unha lectora de historias duras, reais, desas que se adoita dicir que removen por dentro e nos fan tomar conciencia de algo. Aínda sendo consciente do que me agardaba, a dureza e a crueldade da novela Purga rompeu todos os meus esquemas. Purga, da finlandesa Sofi Oksanen, foi publicada orixinalmente no 2009, […]
“Só. Illado nun mar de edificios, sen faro ningún que procurar”. Fálanos aquí unha voz narradora que describe a soidade que sente un escritor que está pechado contra a súa vontade nun apartamento no medio dun mar de rañaceos. Con el comeza a nova novela de Iria Collazo López. Digo novela á mantenta, porque xa […]