Os amores diversos

Sinto unha especial predilección polos proxectos que nacen dende a ilusión compartida. Quzais por iso sempre me parecen moi nutritivas as achegas de Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema París, dúas mulleres que están detrás de iniciativas que propoñen unha sociedade máis igualitaria e libre. Despois da coordinación no 2020 do libro Tecermos redes, crearmos […]

Leer Más

As pequenas grandes historias

Dicía a autora Almudena Grandes que a Historia se constrúe dos retallos do día a día, da supervivencia da cotidiandade das persoas de carne e óso. Porque aí é onde se atopan as verdades do que somos. Esta idea serviría para explicar o sentido d’ O ano das mazás, unha novela coa que descubrimos a […]

Leer Más

Non hai lugar para a ficción

“A realidade ten por norma conservar unha distancia de cortesía coa imaxinación, mais desta volta invadiu o mundo do imaxinario, non hai lugar para a ficción neste tempo urxido”. Cando a marea negra asolou as costas galegas, hai agora vinte anos, Suso de Toro, escritor de profesión, ficou case orfo de inspiración creativa. El, que […]

Leer Más

Lobos devorándose entre lobos

Pedro Feijoo volve coa novela "Os fillos do lume"

A realidade supera a ficción. Pedro Feijoo, un dos autores galegos máis exitosos, sorpréndenos cunha novela na que é imposible non recoñecer a persoas reais, persoas de carne e óso que protagonizan a política apodrecida deste país, da Galiza. Ninguén contará a verdade, que mereceu o Premio Xerais 2023, é unha obra poliédrica, na que […]

Leer Más

Ciencia ficción feminista

“As palabras poden mancar, enfermar e mesmo matar”. María Reimóndez é unha autora, tradutora e intérprete galega feminista, que cre no cambio a través da literatura e que escribiu moitas das obras pioneiras no tratamento de temas feministas na Galiza. Penso na mítica novela O club da calceta, que pon no foco as desigualdades e […]

Leer Más

A literatura coma un fío imparable

No país dos mil ríos temos a sorte de contar con outros miles de escritores e escritoras, cos que sentimos unha “fascinación comunitaria: sermos un en moitas voces que, acompasadas, cantan sobre a enramada de cinamomo”. Así describe Rexina Vega o que atoparemos no libro Miño. Antoloxía do relato galego actual, unha proposta ambiciosa que […]

Leer Más

A dificultade de ser

A literatura ten unha forte compoñente que incita ao cambio, pois provoca reflexións que nos levan a promover mudanzas sociais, ou polo menos alerta sobre elas. Consciente desta idea, Carmen PG Granxeiro, teceu o argumento de Estranxeiras, unha novela fresca e reivindicativa coa que gañou o II Premio Literario Pinto e Maragota pola Diversidade de […]

Leer Más

Relatos con sabor a tradición

Os relatos constitúen un dos xéneros literarios máis complexos de levar a cabo. Máis difíciles que a novela, quizais porque hai que condensar toda a intensidade nunhas cantas páxinas e lograr sorprender cun artificio final. Fabio Rivas estréase nel con A pintura debida, unha obra que está sendo moi louvada polo público lector, e na […]

Leer Más

A dificultade das cousas fáciles

Adoita dicirse que a literatura é un reflexo da sociedade, e como tal, moitas veces conta o que late nela. Lía hai unhas semanas un libro dunha autora valenciana no que dicía algo así como que as persoas pobres poden permitirse menos fracasos porque a supervivencia é menos predicible. Penso nesta reflexión e xusto despois […]

Leer Más

«Que me pare o corazón se te esquezo» de Andrea Maceiras

“A meirande parte das historias comezan co primeiro latexo dun corazón. Un son suave e remoto, o sinal dunha vida que se inicia”. Hai moitos libros que me fixeron lectora, pero se tivera que dicir o momento exacto en que entendín o sentido da literatura foi a raíz da descuberta da colección Fóra de Xogo, […]

Leer Más