Hai libros que piden unha lectura lenta, demorada, que potencie a asimilación de conceptos e que incluso os grave na memoria para sempre. Dende que me dedico a isto de comentar e analizar libros, dende a miña faceta totalmente afeccionada, gústame moito determe en publicacións que profundan en diversos aspectos da literatura. Por iso me […]
Escribir sobre una nai paréceme unha tarefa, cando menos, difícil. Corres o risco de caer nunha palabrería repetitiva e sensibleira, ou non atopar as verbas que lle dean xustiza ao que supón ser nai nos tempos que corren. Mais a poeta ourensá Arancha Nogueira consegue superar este exercizo de forma moi notábel no seu último […]
O Premio Xerais de Novela deste ano descúbrenos unha voz, cando menos, potente, orixinal e cunha forma de escribir moi apegada á filosofía. Amador Castro Moure resultou ser o autor da obra Shanghai a Barcelona, un libro que propón unha volta ás orixes afastada do romanticismo e desa querenza pola natureza que é máis común […]
“Aquel comentario fíxome rir. A amizade é iso. Unha regaña de sol que seca as bágoas e aspira a tristura coma a trompa dun elefante”. Supoño que é un desexo común de todos os nenos e nenas o de querer vivir unha aventura inesquecible. Por iso, aínda cando a realidade teime en parecer normal, a […]
“Cando unha non é fidalga, é dicir, de boa familia, nin ten o diñeiro suficiente para poder estudar, non estuda. E punto, sobre todo pasa isto cando unha é unha e non é un. As saias impiden todo, de sempre. Coan o aire polos baixos arrefriando as pernas, o cu e o que non é […]
Hai un tempo que me interesa afondar na literatura infantil e xuvenil, e na historia da súa xénese. De aí que o libro Da Carapuchiña ao señor Lamote, escrito por Miguel Vázquez Freire, se me presentase como unha oportunidade única para indagar nos títulos que construíron o canon da literatura para nenos e nenas, os […]
“E o tempo no cárcere non é un tema menor. Non o tempo de chover, facer sol ou vento. Non. Non. O outro. O que dura unha eternidade cando cae o solo e se apagan as luces. Ese que chama pola desesperación nos momentos de descanso. O que berra nas tardes de verán por unha […]
A Xela Arias sorprendeuna a morte no ano 2003 cando viña de dar ao prelo o seu derradeiro poemario, Intempériome. Aos seus 41 anos deixábanos orfos de letras e co desexo frustrado dunha carreira literaria que, de non ter falecido, daría moitísimo que falar. Malia o curto da súa traxectoria vital e profesional, a escritora […]
Todas as persoas convivimos cun trauma, o cal ás veces que se supera e outras non. Esta reflexión fíxoa Ledicia Costas na presentación en Bueu (Pontevedra) da súa novela Infamia, e con ela resúmese parte do contido da historia tan cruenta e á vez ateigada de beleza que nos conta. Acostumados como nos ten a […]
A Rosalía de Castro condenárona durante moito tempo como poeta do sensible, a que supostamente cantaba ás flores e aos ríos. O que poucos chegaron a entender, e o que se reivindica hoxe en día, é que detrás dos seus versos aparentemente baleiros de contido se agochaba unha crítica consciente aos tempos e ás inxustizas […]