Os amores diversos

Sinto unha especial predilección polos proxectos que nacen dende a ilusión compartida. Quzais por iso sempre me parecen moi nutritivas as achegas de Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema París, dúas mulleres que están detrás de iniciativas que propoñen unha sociedade máis igualitaria e libre. Despois da coordinación no 2020 do libro Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de María Reimóndez, agora volven sorprendernos cunha obra na que xuntan a moitas persoas falando da liberdade do amor, e de como este debería ser un sentimento que nos permitise ser libres e fuxir das cadeas. O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias tivo a súa xénese, segundo comentan as coordinadoras, no I Congreso Internacional, Corpos, xénero e sexualidade, organizado pola Rede Galega de Estudos Queer na Coruña en marzo do 2022. A partir de aí, e conscientes de que era moi necesario seguir falando do amor dende a diversidade, pedíronlles a varias persoas que falasen da súa experiencia e do que para elas debía ser o amor ou os amores. Entre as colaboradoras están Brigitte Vasallo, Iria Veiga, Sara Villar Aira e Alberto Lema Blanco, Miguel Salas Soneira, Lorena Souto, Mario Regueira, María Reimóndez, Lara Rozados, Andrea Quintana, Clémence Nicolle, Mariano, Gael, Claudia Delso Carreira, Leticia Citoula, Gena Baamonde, Dani Bento, e as propias Andrea Nunes e Ánxela Lema.

As achegas que se recoollen neste libro son “coma paxaros que non mercaron o discurso hexemónico e capitalista do amor e que se lanzaron a voar libres, valentes; reflexións sobre maternidades bisexuais e non – monógamas; reivindicacións da potencialidade revolucionaria de amigas e amigues; metaamores que rexeitan o termo para reivindicar o seu propio lugar…” Neste sentido, O cento voando é un libro moi rompedor na Galiza, pero tamén por iso moi necesario, ao recompilar experiencias en primeira persoa do que son diversos xeitos de amar, que servirían para que outras tantas se visen reflectidas. A proposta ten concomitancias cos volumes colectivos (h)amor publicados en español pola editorial Con Tinta Me tienes e que, tamén coma este, abordan a necesidade que temos como sociedade de rachar co amor romántico e de reivindicar outras formas de querer(se).

Ficha técnica

Título: O cento voando. Amores, alianzas e non mono-gamias

Coordinación: Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema París

Ano de publicación: 2023

Editorial: Xerais

Número de páxinas: 210

Prezo: 19,95 €

Esta crítica publicouse orixinalmente no suplemento Sermos Galiza do xornal Nós Diario.


Descubre más desde Lecturafilia

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Avatar de Desconocido

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.