«Identidade» de Nee Barros Fernández

“Bebés que polo seu sexo son abandonados, ou mutilados. Porque o médico lles dixo aos pais “é unha nena”. Claro que o que acaba de chegar non é consciente, non pode abrir a boca e ten que tragar todo para adaptarse ao mundo. Porque se din que é nena poderá pasar de todo e se […]

Leer Más

«21 poetas do século XXI», antoloxía de novas voces da poesía galega

A literatura é xogo e a poesía é, de entre todas as artes literarias, a máis lúdica. Coincido con esta descrición que aparece na contracapa de 21 poetas do século XXI, unha antoloxía que publica a editorial Aira e na que atopamos un testemuño das voces máis novas da poesía galega. Elas e eles demostran […]

Leer Más

«Golpes de luz» de Ledicia Costas

Necesitamos novelas que falen da sombra e nos transmitan luz. Novelas coas que chorar e, ao tempo, escachar coa risa. Acaso non temos dereito ao humor cando a situación vital é tan complexa? E logo a risa non pode curar o sufrimento? Da imbricación e da comuñón destas dúas ideas nace Golpes de luz, a […]

Leer Más

«Iris Atalaia» de Teresa Ríos

Nas vidas de moitas mulleres adoitan existir dous momentos; un antes e un despois. Na indagación e na busca da identidade persoal, moitas de nós acudimos ás orixes, á nosa infancia para, posteriormente, e nunha segunda fase, romper con ela. Tamén algo así acontece coa descuberta da propia independencia e da liberdade. Porque, xa o […]

Leer Más

«Diario dun mestre na pandemia» de Santi Domínguez

A pandemia levounos á obrigada reinvención de moitos sectores, como é o caso da educación. Tamén de aí xurdiron testemuños con propostas novidosas, como  as que nos fai Santi Domínguez no libro Diario dun mestre na pandemia, publicado recentemente pola editorial Galaxia. Estamos diante dunha publicación escrita dende a inmediatez pero con reflexións que camiñan […]

Leer Más

«As mans atlánticas da ausencia» de Antón Recamán

Quizais é que ninguén podería falar mellor sobre e do mar ca unha persoa nada na fin do mundo. Antón Recamán (Cee, 1985), é profesor e vén de publicar o seu poemario As mans atlánticas da ausencia  (Urutau, 2020) que nace dun silencio longo, de palabras quedas e dunha vida en constante comuñón coas mareas, […]

Leer Más

«O cemiterio de barcos» de Francisco Castro

“Hai feridas que veñen de moi atrás e nin podemos sospeitar cando se fixeron nin, moito menos, se algunha vez pecharon”. Atopo esta cita n’ O cemiterio de barcos, a nova novela de Francisco Castro destinada ao público xuvenil pero que consegue atrapar a máis lectorado, sobre todo porque o autor trata temas de candente […]

Leer Más

«Os libros que hai en min» de Emma Pedreira

Este espazo tamén vai moitas veces de confesións. E eu confeso que sinto unha curiosidade case enfermiza por saber que le a xente do meu arredor, un sentimento que se incrementa cando falamos de escritoras ou escritores que admiro. É coma se nesa escolla de lecturas se agochase a apócema secreta das súas creacións. Aínda […]

Leer Más

«Mala feminista» de Roxane Gay, en galego

Se hai algo que aprendín nos últimos anos é que o feminismo é unha forma de cambiar o mundo diversa, múltiple. É dicir, hai moitos feminismos, e non se pode reducir a unha dinámica unitaria. Autoras como Roxane Gay contribúen a que o feminismo interseccional, ese que ten en conta as distintas realidades, se consolide […]

Leer Más