«Iris Atalaia» de Teresa Ríos

Nas vidas de moitas mulleres adoitan existir dous momentos; un antes e un despois. Na indagación e na busca da identidade persoal, moitas de nós acudimos ás orixes, á nosa infancia para, posteriormente, e nunha segunda fase, romper con ela. Tamén algo así acontece coa descuberta da propia independencia e da liberdade. Porque, xa o dixemos moitas veces, é un proceso longo descubrir o feminismo, mais cando o fas xa non queres retroceder, e aí xa o pasado deixa de ter sentido.

Iris Atalaia, o novo poemario de Teresa Ríos, sitúase nun presente e nun futuro que reivindican a fortaleza, a liberdade e a independencia, poñendo en evidencia ese pasado que queremos esquecer e por iso o escribimos. Gústame ler a poesía coma unha premonición, un avance de que todo irá ben, porque aínda que o mundo sexa escuro, as palabras sempre lle engaden fermosura, non credes?  Escrito dende unha ollada eminentemente feminista, Iris Atalaia reivindica as nosas avoas e a súa sabedoría, que a autora apreixa para non ficar queda e para promover a propia revolución interna. Nestes versos, nos que atopo concomitancias con Lupe Gómez ou Olga Novo, a autora toma a linguaxe e retórcea, nun exercicio de apropiación que defende a necesidade de converter o persoal en político para lograr así os cambios.

Iris Atalaia tamén ten por obxectivo ofrecer novos significados a esas palabras que nos explicaron de forma errónea, coma o amor, do que sempre se nos falou dende a necesidade e as “medias laranxas”, tamén dende a dependencia. Por iso nos esgotamos tanto.

“Despois da festa

acordas pensar na maxia

en soidade

silencio

así é como crecemos

esculcando as raiolas entre a néboa mesta

a quietude

a devoción absoluta ás pólas das árbores

onde cantan de felicidade os paxaros

a alegría salvaxe de esquecer as reixas

e saber o significado do amor alén da necesidade”

Quero ler Iris Atalaia dende a revolución, e desexo que vós tamén o fagades. Porque necesitamos que, unha vez máis, nos digan o que necesitamos escoitar, o lume na cara, as faíscas que xa non se apagarán xamais.

Ficha técnica

Título: Iris Atalaia

Autora: Teresa Ríos

Editorial: Medulia

Ano de publicación: 2021

Número de páxinas: 87

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.