«Setenta ideas para a (pos) pandemia»

A chegada imprevista da Covid-19 e o confinamento que veu despois impuxo un novo paradigma social, e todas as persoas e as diversas profesións tiveron que reinventarse e ofrecer outras formas de enfrontarse ao mundo. Nese camiño de incertezas producíronse acertos e erros, pero moitas coinciden en que esta situación debería de servirnos para avanzar […]

Leer Más

«Diario dun pirata confinado» de Jamas

Letras e música revolucionaria son as do grupo Dios Ke te Crew, un conxunto de rap galego nacido no 2003 e que conta coa voz de Jamas, artista ambulante nado en Madrid pero residente na Galiza dende hai varios anos e que ten participado en moitos proxectos musicais alternativos. De aí, deses grupos loitadores, provén […]

Leer Más

«Migrantas. A nova diáspora galega contada por mulleres» de María Alonso Alonso

A ningún galego lle resulta estraño o fenómeno da emigración, pois dende sempre os nosos antepasados tiveron que buscar a vida fóra do país, e explorar outras realidades moi diferentes á nosa. Así é que a maior parte dos séculos XVIII, XIX e XX se explica pola emigración, primeiro a América e posteriormente aos países […]

Leer Más

«Sílabas da peste» de Lupe Gómez

A poesía tamén aproveitou a Covid-19 para espallar os seus versos. Precisamente Lupe Gómez, unha das poetas actuais máis renovadoras, resultou gañadora do Premio “Miguel González Garcés” de Poesía 2020 da Deputación Provincial da Coruña coa obra Sílabas da peste, un conxunto de poemas, cartas e microrrelatos nos que a pandemia e o fechamento domiciliario […]

Leer Más

«Madeira e metal» de Laura Rey Pasandín e Laura Romero

A morriña que sentimos as persoas que habitamos as aldeas e debemos deixalas para ir ás cidades resulta un tema con moito interese a nivel social, pero que se tratou pouco na literatura infantil e xuvenil. Este oco vaise enchendo paseniñamente con propostas que ofrecen á cativada outras formas de entender o mundo e de […]

Leer Más

“O ganso salvaxe” de Mori Ogai

“Ao encontrárense os seus ollos cada vez, e a forza de el cavilar nesas cousas, foi xurdindo un sentimento de familiaridade coa muller da xanela até que, ao cabo de dúas semanas, unha noitiña, tirou inconscientemente a gorra e saudouna. O rostro pálido da muller tinxiuse de vermello e o seu xesto tristeiro transformouse nun […]

Leer Más

«Non estamos preparados para medrar» de Teresa Ríos

“Exercer o meu dereito inapelable a soñar”. Coma nunha estraña e fermosa confabulación, este verso de Teresa Ríos, sacado do seu poemario Non estamos preparados para medrar fica na miña memoria nestes días nos que, novamente, recalo en Frida Kahlo e nesa conversa co seu pai na que a pintora lle pide que lle lembre […]

Leer Más

“Fisterras Atlánticas”, o mar de Galicia e Irlanda como protagonista

O mar maniféstase na literatura de múltiplas formas, pero todas se poden resumir en dúas: o mar como inspiración e como beleza ante a que a voz creadora se rende na busca de palabras que o expliquen; e o mar como reivindicación, esa causa e consecuencia dunha forma de vida de duro traballo e con […]

Leer Más

“As palabras están a mirarse arredor da mesa”, de Antonio García Teijeiro

Como é o proceso de creación? Que supón chegar á palabra exacta? Que se sente ao ser quen de expresar unha idea, un sentimento, cunha historia? Estas preguntas agóchanse detrás de As palabras están a mirarse arredor da mesa, un libro de reflexión literaria de Antonio García Teijeiro acompañado coas ilustracións de Lidia Cao, que […]

Leer Más

«Abril» de Luz Darriba

“No espertar das cousas, a mañá asomando, o orballo nos cantos, nos gumes dos precipicios, a claridade aínda cativa, Andrea sentou nunha rocha para pedirlle sabedoría o mar. Ou calma, ou simplemente tempo: un tempo luminoso. Se os traumas, como as fendas, respiraran o ar fresco do día e minguaran ou, polo menos, repousaran, aqueles […]

Leer Más