Hai vilas máxicas que nacen na cabeza dun autor, vilas con nomes que non existen pero que nos levan de cheo a referentes xa coñecidos, como acontece co Macondo de Gabriel García Márquez, coa Comala de Juan Rulfo, a Vetusta de Leopoldo Alas ‘Clarín’ ou coa Auria, de Eduardo Blanco Amor. Na contemporaneidade hai escritores […]
Gusto moito das novelas nas que o autor deixa a pegada da súa voz, ou a do seu alter ego, para reflexionar sobre a propia xénese da historia e tamén da tarefa de escribir, que non deixa de ser complicada. Por iso o pasei moi ben lendo O xardineiro dos ingleses, co que Marcos Calveiro […]
Aínda sorprende saber que as nenas ao chegar aos seis anos se cren menos brillantes que os nenos. A desigualdade entre sexos comeza a ser patente dende a primeira idade, tal e como demostra o estudo publicado pola revista Science, no que conclúen que os estereotipos de xénero limitan as expectativas das nenas de cara […]
Leo que Uxía Casal é unha escritora lenta, que goza xogando coas palabras e imaxinando situacións que se desenvolven paseniñamente. Un xogo literario que se observa en cada un dos relatos que compoñen Saturno tamén é deus, recuperado pola editorial Urco despois de que se cumpran vinte anos da súa publicación en Galaxia. Unha recompilación […]
Apaixónanme os domingos de descubertas literarias. Precisamente o pasado veu a min, por casualidade, un libro de Ramón Sandoval, titulado Zocas e decibelios, que me fixo lembrar, volver ás orixes e pensar na forza poética do rural que desaparece. Este libro está conformado por dous poemarios, que ben poderían ser antagónicos, ou consecutivos ou lerse […]
Xosé A. Neira Cruz volve á literatura despois dalgúns anos de silencio. E faino cun título que alardea dese tempo no que impera a calma, mais tamén as inxustizas. Regresa c’ O sono das sereas, unha novela que foi merecedora do Premio de Narrativa Breve Repsol 2017, na que nos fala dun pasado e dunha […]
É unha constante que na miña biografía lectora se vaian entrecruzando lecturas e que as do pasado volvan ao presente sempre levadas unhas por outras. Un continuo xogo literario que se aviva coma os recordos cando escoitamos unha canción ou nos chega ese aroma dun pasado feliz ou desgraciado. A vida componse de cachiños, de […]
Levo semanas tentando escribir sobre un libro e sempre o pospoño. Quizais este feito se deba dous factores: que se trata dunha proposta poética, e que a portada é tan bonita que me deixa sen verbas para describila. Mais, así e todo, hoxe atrévome a romper o feitizo. Falo de Lumes, o novo poemario de […]
Fai unas semanas descubríavos neste espazo a lectura de dous libros infantís pero que ben poderían gustar a todos os públicos que se acheguen a eles: A brétema, de María Victoria Moreno e Xandra, a landra que quería voar, de Mercedes Queixas Zas, ámbolos dous editados por Urco e ilustrados por dúas mulleres. Agora non […]
A editorial Urco foi a gran visionaria da obra de María Victoria Moreno, a homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018, pois aínda sen coñecer a decisión da RAG apostou por recuperar parte da obra da que xa é un dos maiores expoñentes da narrativa infanto – xuvenil na nosa comunidade. Así naceron as publicacións […]