O xardineiro dos ingleses

Marcos Calveiro, autor de "O xardineiro dos ingleses"

Gusto moito das novelas nas que o autor deixa a pegada da súa voz, ou a do seu alter ego, para reflexionar sobre a propia xénese da historia e tamén da tarefa de escribir, que non deixa de ser complicada. Por iso o pasei moi ben lendo O xardineiro dos ingleses, co que Marcos Calveiro se erixiu gañador do Premio García Barros 2017, cunha historia que estivera durante moito tempo nos caixóns e que por fin sae á luz para deixar pegada dunha parte da historia de Vilagarcía.

O que aquí se nos conta é a peripecia de Delia Cores, unha muller que no século pasado vive unha historia de amor, pero tamén descobre a parte máis cruenta do ser humano, coa chegada da Guerra Civil e da posguerra. Nacida dunha familia humilde, Delia dedícase dende ben nova a vender produtos da horta na praza da vila, ata que un día coñece a dous amigos (un inglés e outro alemán) que lle cambian a vida. Pero máis adiante, queda preñada e os seus pais víranlle a cara, motivo polo cal ten que buscarse a vida ela soa para coidar do seu fillo Edelmiro. Este rapaz será coñecido toda a súa vida por ser o “xardineiro dos ingleses” e a novela garda un segredo concibido arredor do anonimato dunha tumba no Cemiterio dos Ingleses.

Cos ingredientes propios do misterio constrúese esta novela que percorre a historia recente de Galicia, e que se sitúa en moitas paraxes e lugares da vila vilagarciá. Por aquí transitan dous homes con arelas de liberdade e unha muller que tenta escapar das ataduras dun tempo no que todo se consideraba prohibido. Así mesmo conflúen dous tempos, o pasado e o presente, expresado este último na propia reflexión interna do escritor que se documenta e vai atopando o sentido do que quere contar, pois como este narrador nos di, “as novelas son coma os incendios provocados, sempre teñen moitos focos”.

O xardineiro dos ingleses é unha mostra evidente de que ninguén pode fuxir do pasado, pois “máis tarde ou máis ceso, sen que o agardases, de súpeto, batías con ela de fronte e ficabas atrapado coma unha mosca nunha fita pegañenta, batendo as ás en van ata desfalecer”. É tamén unha homenaxe á vila que viu nacer a Calveiro, e un axuste de contas co propio facer do escritor, que tamén ten o seu papel protagonista.

“Os escritores somos coma pequenos demiúrgos. Queremos e precisamos ter o control absoluto sobre as nosas creacións. No noso proceso creativo non aceptamos concesión ningunha. Nós somos amos e señores, e os personaxes e os acontecementos, os nosos vasalos, uns simples monicreques da nosa escrita”.

Ficha técnica

O-xardineiro-dos-inglesesTítulo: O xardineiro dos ingleses

Autor: Marcos Calveiro

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2017

Número de páxinas: 440

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s