O sono das sereas

Xosé A. Neira Cruz volve á literatura c' O sono das sereas

Xosé A. Neira Cruz volve á literatura despois dalgúns anos de silencio. E faino cun título que alardea dese tempo no que impera a calma, mais tamén as inxustizas. Regresa c’ O sono das sereas, unha novela que foi merecedora do Premio de Narrativa Breve Repsol 2017, na que nos fala dun pasado e dunha historia que foi dende sempre inxusta coas mulleres.

“Repasas a listaxe desas malpocadas, vítimas dun tempo, dun contexto, dunha comunidade, e probablemente verdugos de si mesmas, e case sen ningún esforzo vas memorizando os seus nomes a medida que as convertes mentalmente en elos da cadea transmisora: Dominga, Xoana, Catarina, Inés, Agustina, Manuela, María Esperanza, … que fixeron para merecer caer na arañeira de inmobilismo que as atrapou a todas ata este comezo do século XXI?”

Neira Cruz crea unha historia na que se mesturan tres narradores e nos que todos os capítulos están fiados sen parar, como se fose unha araña a que teimase en crear unha tea infinitiva. Precisamente é nesta forma onde radica a grande aposta do libro, que consegue evocar uns espazos rurais calmos e á vez ateigados de misterios, que afloran agora da man de tres personaxes que coinciden alí, á beira do areal de Traba, en plena Costa da Morte.

É esta unha novela que esixe dun lectorado atento, que sexa quen de desenmarañar os misterios que están presentes na Casa do Sono, onde viven unhas mulleres ás que a sociedade patriarcal teimou sempre en deixar ao marxe, nun recuncho. Non darlles voz, como acontece na maioría das sociedades rurais. Denigralas ao espazo do íntimo, sen permitirlles ver o público.

Observo unha escrita madurada polo tempo, máis sosegada, máis pensada para gozar en silencio, e para darlle unha volta de torca a todas as nosas crenzas e ata para pensar sobre onde vimos. E é que, malia a súa curta extensión, Neira Cruz non deixa de compartir con nós interesantes debates arredor da función da escrita e da literatura en xeral, ademais de ofrecer unha nova forma de entender o oficio.

“Unha das cousas boas que ten esta vivenda é a presenza de cheminea. Calefacción non hai, pero o lume ben compensa a súa falta. A visión das lapas reconcílianos cos devanceiros. Non está o mar, non se pode ver hoxe, pero a néboa fai as súas funcións. Diríase que todo aboia nesa brancura algodonosa, e dalgún xeito iso proporciónache unha dose de acougo extra”.

Ficha técnica

o-sono-das-sereasTítulo: O sono das sereas

Autor: Xosé A. Neira Cruz

Ano de publicación: 2017

Editorial: Galaxia

Número de páxinas: 157

 

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.