María Reimóndez é unha das grandes referentes da literatura galega actual, e unha firme defensora da perspectiva feminista en todos os ámbitos da vida. Por iso, cada vez que lemos unha novela súa sempre atopamos esa ideoloxía de xénero que actúa como compromiso social. Porque ela concibe a literatura como unha ponte para tender lazos […]
Salpimentadas con bocatas de Nocilla e de chourizo asado veñen á miña mente aquelas mañás nas que era cativa e, xunto aos meus irmáns, vía os capítulos de Pippi na televisión. Aquel tempo pasou, e fai uns días volvín recuperalo grazas á editorial Kalandraka, quen vén de editar en galego unha parte das aventuras de […]
A risa é una reacción que poucos libros conseguen provocar en min. Chorar é máis doado, pero arrancar un sorriso supón unha tarefa moi difícil, pois require en primeiro lugar empatizar co lector ou lectora e falar a mesma linguaxe. Que lectora e escritora coincidan é pois unha boísima noticia cando leo Noites de safari, […]
Nacer nena é nacer sendo menor. Tamén agora e aquí. Isto dicíao Montserrat Roig, e non perdeu actualidade, aínda que cada día avancemos un pouquechiño máis nisto da igualdade entre homes e mulleres. Só en aparencia, pois aínda queda moito que facer e creo que vou ter que coincidir con esas persoas que me din […]
Adoro os libros que comezan dunha forma e viran rapidamente ao lado contrario, dando unha chea de viravoltas que só un autor bo é quen de culminar con vida. Estas voltas son as que dá Alberto Ramos en A simetría das bestas, obra coa que se fixo gañador do Premio Risco de Creación Literaria e […]
Descubro un clásico en galego e nunha edición de pequeno tamaño, ideal para ler nunha mañá de praia ou piscina: Novela de xadrez, de Stefan Zweig, editado por Irmás Cartoné, unha pequena editorial que nos trae ao galego grandes novelas. Descubrín a Zweig en Carta dunha descoñecida, unha novela curta escrita coa mestría de Zweig, […]
Sempre sentín moito apego polas persoas que axudan a crear e a manter una tradición, un xeito de vivir. De aí que queira coñecer sempre máis e máis da Illa de Ons (pertencente a Bueu, esta vila que me acolleu desde fai case catro anos). Esta Illa e as súas xentes sempre estableceron una relación […]
Falar de Ramón Nicolás é falar de literatura galega contemporánea. Nada máis lonxe da realidade, pois cando a blogosfera aínda era un mundo a explorar, el creou o seu Caderno da crítica e comezou a verquer nel todas as reflexións e comentarios xurdidos dos libros galegos que se ían publicando na nosa comunidade. Aínda que […]
“A sospeita”, “o naufraxio” e “o único lugar onde ficar inmóbil” son as tres partes nas que se divide o último poemario de Arancha Nogueira, pensado como un mecanismo de defensa ante o mundo que nos rodea, que está ateigado de sufrimento e de mitos patriarcais. Ante isto, ou máis contra isto, xorde a voz […]
Lin Laura no deserto cando pasaba por unha etapa dura, nuns días (semanas) nas que precisaba de liñas que me explicasen a necesidade que temos moitas veces de emendar a culpa e de buscar a nosa propia identidade. A novela máis ambiciosa de Antón Riveiro Coello axudoume a sobrelevar mellor a vida, cuestión que en […]