“Lumes”, a volta de Ismael Ramos

Ismael Ramos, autor de "Lumes"

Levo semanas tentando escribir sobre un libro e sempre o pospoño. Quizais este feito se deba dous factores: que se trata dunha proposta poética, e que a portada é  tan bonita que me deixa sen verbas para describila. Mais, así e todo, hoxe atrévome a romper o feitizo. Falo de Lumes, o novo poemario de Ismael Ramos.

O primeiro que chama a atención é a edición tan coidada da man da editorial Apiario, na que unhas pingueiras de chuvia escintilan na portada e fan brillar o título e o autor de forma marabillosa. Non en van estamos diante case que dun traballo tradicional, no que cada peza (poemario) sería algo único, non repetible. Forma e contido cosidos á perfección.

Ismael Ramos é un autor moi novo, mais que escribe cunha madurez propia dunha persoa de maior idade, algo que xa puidemos ver en Os fillos da fame. Mostra disto son os versos nos que a inxenuidade non está presente, nos que a inocencia se substitúe pola crueza da vida.

Aquí está presente a familia e a morte, vistas ambas dende un punto de vista físico, como acontece no poema titulado “A morte son os fillos” e que di así:

“O poema é o poema dos pais.

A ferida é a ferida dos pais.

A ferida dos homes.

As cicatrices tamén.

As cicatrices son un dos froitos da ferida.

Os fillos somos cicatrices”.

Tamén está o avó e avoa, e esa forma de ver a natureza que se vai, ese rural simbolizado nesa “man que da de comer”, tan presente en todas as sociedades que teiman en desaparecer. Esas mesmas mans que alimentan as galiñas, e que un día esquecen quen foron realmente.

Vexo nestes versos unha puxanza política, e non en van, pois Ismael é dos que defenden que a poesía ten sempre unha forma de ser social, e que mesmo o persoal se pode entender no conxunto. Nada é inocente, nin se escribe porque si. Hai unha plena conciencia da voz propia dos que o rodean, e non só na figura dos avós, senón na deses pais que sobreviven entre as rutinas diarias.

Lumes é loita, é conciencia, é homenaxe, é forza de camiñar cara adiante sen esquecer xamais. A memoria, o que teima en desaparecer, pero non queremos deixalo.

Ficha técnica

Lumes- Ismael Ramos

Título: Lumes

Autor: Ismael Ramos

Editorial: Apiario

Ano de publicación: 2017

Número de páxinas: 60

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Un comentario sobre ““Lumes”, a volta de Ismael Ramos

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s