Deixe a súa mensaxe despois do sinal

Arantza Portabales, autora de "Deixe a súa mensaxe despois do sinal"

É unha constante que na miña biografía lectora se vaian entrecruzando lecturas e que as do pasado volvan ao presente sempre levadas unhas por outras. Un continuo xogo literario que se aviva coma os recordos cando escoitamos unha canción ou nos chega ese aroma dun pasado feliz ou desgraciado. A vida componse de cachiños, de momentos que se entrecruzan entre eles ata facernos dubidas de canto é realidade e canto hai de ficción.

No medio dese xogo literario sitúo Deixe a súa mensaxe despois do sinal, un libro de Arantza Portabales que me lembra moitísimo a O club da calceta, de María Reimóndez. Este último lérao cando estudaba a educación secundaria, e o que quedou del foi o impacto de saber de pronto que as mulleres sufrían por séreno. Eu non tiña daquela conciencia feminista, nin moito menos sabía de feito que nós o tiñamos máis difícil á hora de vivir ou pretender vivir o mesmo que os homes. Aquel libro cambiou a miña forma de entender o mundo, e a atoparlle sentido a moitas cousas que eu vía pero non tiña as claves para recoñecelas como inxustizas. Nese tempo soñei coa esperanza nun mundo mellor, e tamén crin na forza e na unión feminina para poder protestar xuntas contra o que nos impedía realizar plenamente os nosos dereitos.

Hoxe, xa pasaron uns cantos anos, mais a miña mente relaciona estas dúas lecturas. A de Portabales cólleme nun tempo no que, aínda que non pasei a trintena, xa teño plena conciencia do que supón ser muller, e loitar aínda nun mundo de homes. Iso é o que fan precisamente estas catro mulleres (Marina, Carmela, Sara e Viviana), que senten na súa propia pel a soidade e por iso lle contan os seus problemas ante un contestador automático. Supón este un mecanismo de desafogo existencial, mais o silencio da máquina expresa unha vez máis o pouco caso co que son tidas en conta no mundo masculino. Son historias narradas en capítulos curtos, que fan que non poidamos parar de ler, historias cheas de sufrimento pero nas que a esperanza aflora para facernos sentir que, no fondo, non todo e tan malo.

A autora consegue facernos partícipes destas catro vidas, esgazadas por sucesos moi diferentes, pero trazadas cun ritmo trepidante, a través desas escenas cotiás que conseguen ata facernos rir. Porque si, é posible mesturar a tristura con outros sentimentos esperanzadores e transformar realidades coas palabras.

Volvo ao comezo deste artigo, cando dicía que a miña mente embarulla uns libros con outros, pois neste caso a casualidade conseguiu evocar historias de mulleres que, a idades diferentes, me veñen mudando a vida. Diso se trata, de que a boa literatura nos cambie a pel, ou polo menos o noso interior.

Ficha técnica

Deixe-a-sua-mensaxe-despois-do-sinalTítulo: Deixe a súa mensaxe despois do sinal

Autora: Arantza Portabales Santomé

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2017

Número de páxinas: 319

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.