Aqueles días en que eramos malas

Inma López Silva, autora de "Aqueles días en que eramos malas"
Inma López Silva, autora de «Aqueles días en que eramos malas»

Unha novela de personaxes, feminista e una radiografía dos problemas sociais. Así se define a nova novela de Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas, editada por Galaxia e que supón unha mirada intimista sobre catro mulleres que pasan os seus días no cárcere da Lama. Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións lembran eses días do pasado, as reviravoltas das súas vidas ata chegar ao cárcere. Mesturadas coa voz confesional de Inma, atopamos experiencias e circunstancias, recordos e vivencias, que fan que se humanice a estas mulleres.

É esta unha novela coral, na que se alternan diferentes historias que se presentan a modo de radiografía do mundo actual, no que as mulleres teñen moito que dicir. Neste senso, resulta imposible non lembrar Los besos en el pan, última novela de Almudena Grandes na que vai contando os efectos e causas da crise económica por medio de diversas historias de xente do común. Tamén rememoramos Nosotras que nos queremos tanto, de Marcela Serrano, xa que a voz intimista e esa amizade que se crea entre as mulleres nas malas circunstancias tamén son o caldo de cultivo da novela de Inma López.

Teño que dicir que é unha novela longa, pero que namora, que tece as vidas de Margot, Valentina, Sor Mercedes, Laura e Inma, que simbolizan a moitas mulleres do pasado e dos nosos días.

“Aqueles veráns eran marabillosos, inmensos, interminábeis. Eran veráns sen horarios, de enormes soles que parecían pintados no ceo azulísimo dun debuxo infantil. Percorriamos grandes distancias en bicicletas brillantes, vibrantes, e neles a vida reducíase, ao principio, a xogar coma se nos obrigase unha sorte de serios gardas da felicidade infantil, para ir dando paso progresivamente a un letargo no que consumiamos as tendencias de moda dos noventa, o pop – rock e o amor en revistas cargadas de fotos en videoclips”.

Cantísimo me gustou esta novela, que forma de narrar tan profunda, tan dos pequenos detalles. Xa lera a súa obra Concubinas, coa que obtivo o Premio Xerais no 2002, e esta fíxome refrendar que a literatura galega ten moi boa representación nesta autora polifacética, que destaca na novela, no ensaio, na crítica teatral, nas columnas dos xornais… e que ten no seu haber numerosos premios como o Blanco Amor, o Bispo San Clemente e o da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Ficha técnica

978849865720Título: Aqueles días en que eramos malas

Autora: Inma López Silva

Ano de publicación: 2016

Editorial: Galaxia

Número de páxinas: 422

 

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

3 comentarios sobre “Aqueles días en que eramos malas

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.