Saturno tamén é deus

Uxía Casal, autora do libro de relatos "Saturno tamén é deus"

Leo que Uxía Casal é unha escritora lenta, que goza xogando coas palabras e imaxinando situacións que se desenvolven paseniñamente.  Un xogo literario que se observa en cada un dos relatos que compoñen Saturno tamén é deus, recuperado pola editorial Urco despois de que se cumpran vinte anos da súa publicación en Galaxia. Unha recompilación que vén renovada, xa que se revisou e inclúe a maiores un novo relato que suma, xunto aos anteriores, un total de catorce.

Quixera salientar en primeiro lugar a portada desta edición, que é marabillosa, na que Paula Gómez del Valle Gómez consegue transmitir esa sensación de medo, do misterio que está presente en moitos dos actos humanos. Unha ventá tras da que se ve algo, pero non sabemos o que, unha figura? A choiva?

Precisamente o misterio é o elemento que aglutina os diversos relatos, nos que atopamos o día a día, as casualidades, os accidentes, e a reflexión sobre aquelas cousas que nos preocupan como seres humanos (a morte, por exemplo, ten un papel protagónico, e actúa case que como fío condutor). Pero tamén está moi presente a soidade dos personaxes e angustia por unha situación que, na maioría das ocasións, non acaban de comprender.

Uxía Casal é unha escritora nata, que observa a realidade e entresaca dela retallos cos que bosquexa os seus relatos, trazo que se pode observar aquí, xa dende o comezo do primeiro conto, “O accidente”:

“Xamais moveu o meu ánimo o desexo de destacar por nada en especial; o único que en realidade sempre arelei foi vivir a miña existencia apracíbel e tranquila de empregado, monótona quizais para persoas máis amantes da aventura, pero cobizada por min polo que tiña de ordenada e mesmo de metódica”.

Estes relatos son a vida, esa que nos desconcerta, da que non coñecemos todas as arestas e que nos leva moitas veces a tomar decisións precipitadas que constrúen o día a día. Lendo a Uxía podemos chegar a pensar que incluso os detalles máis inxenuos poden derivar en grandes relatos de terror.  Sen lugar a dúbidas, esa sensación de naturalidade que experimentamos ao coñecer aos diversos personaxes e espazos é o que fai deste un libro imprescindible.

Ficha técnica

saturno-tamen-deusTítulo: Saturno tamén é deus

Autora: Uxía Casal

Editorial: Urco

Ano de publicación: 2017

Número de páxinas:  168

 

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Un comentario sobre “Saturno tamén é deus

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.