Como aprendín a ler

Sempre resulta un misterio coñecer como unha persoa moi vinculada cos libros aprendeu a amalos, e máis como foi o camiño desde o odio ao encantamento e á maxia. Ese atractivo, que non deixa de ter unha causa algo voyeur, increméntase cando vexo a portada de Como aprendín a ler, da francesa Agnés Desarthe, na […]

Leer Más

Cervatos

Lucía Novas é a autora do poemario "Cervatos"

Poesía conceptual e minimalista. Así se podería definir a recente publicación da poeta bueuesa Lucía Novas, quen explora en Cervatos os límites da linguaxe para ofrecer unha lírica ateigada de lembranzas e de sentimentos pasados, cos que todos os lectores e lectoras nos poderiamos identificar. Tal e como xa se advertía nos seus anteriores poemarios, […]

Leer Más

Seique

Temos que continuar a lembrar, a quitar do esquecemento a tantos homes e mulleres que viron as súas vidas truncadas por mor do fanatismo dunha época (a Guerra Civil e posguerra española), e que continúan aínda hoxe. A tarefa de recuperar as voces dos que xa non están e da historia sempre velada resulta moi […]

Leer Más

María Victoria Moreno, sementadora de futuro

María Victoria Moreno, homenaxeada nas Letras Galegas 2018 e unha adiantada ao seu tempo

O Día das Letras Galegas deste 2018 faime moitísima ilusión, pois dedícaselle a unha muller imprescindible, que cambiou a miña vida desde que con catorce anos lera Anagnórise, a súa novela máis recoñecida e que non perde vixencia aínda a día de hoxe. É un camiño ateigado de ilusión por dobre partida: por ser unha […]

Leer Más

Galicia en bus

María Reimóndez, autora do poemario "Galicia en bus"

Nesta busca incesante da propia identidade e da loita contra o machismo imperante, chega a min Galicia en bus, poemario co que María Reimóndez gañou o XX Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu, e que se erixe como unha proposta moi valente, arriscada e reivindicativa. Así eran tamén as letras de Carballeira, […]

Leer Más

A voz insurrecta

Montse Pena Presas, autora da biografía "A voz insurrecta"

María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida En moitas ocasións, a literatura e a vida adoitan estar intimamente ligadas, caso de María Victoria moreno, a muller á que este 2018 se lle dedica o Día das Letras Galegas, e sobre a que a crítica Montse Pena Presas escribiu unha biografía do máis interesante, […]

Leer Más

Coraline

Existen libros de medo que podemos compartir nenos e adultos, como ocorre con Coraline, de Neil Gaiman, que foi traído ao galego da man de Urco Editora. Esta é una boa mostra de que o terror é un xénero do que pode gozar a rapazada, sobre todo porque na actualidade xa se ten demostrado que […]

Leer Más

As cinzas de Pasolini

Confeso que, en ocasións, sinto certo medo ante os libros de poesía. Unha sensación que nace froito dun mundo que tende a camuflar os sentimentos e a trasladarnos a idea de que o ser humano debe ser un animal racional, e poucas veces sentimental. E, en contra desta idea, a poesía supón un exercicio de […]

Leer Más

Futuro imperfecto

“Durante a túa enfermidade empapeime de ti deliberadamente, consciente de que te perdía. Gozamos moito un do outro, lembras? Amabámonos e xa non había tempo que perder. Iso permitiunos, e soubemos facelo, amarnos sen interferencia, prioritaria e urxentemente. En moitas ocasións eu pechaba os ollos coma se iso axudase á miña memoria a fixar, a […]

Leer Más

O misterio de Portomarín

Di Antía Yáñez que, malia que de cativa gozaba moito deixando voar a imaxinación polas páxinas dun libro e converterse en cabaleira, bruxa, ladroa de bancos, detective, e incluso una cruel asasina, o certo é que estudou una carreira de ciencias. Non deberían a literatura e a ciencia ser dous departamentos estancos, a pesar de […]

Leer Más