Coraline

Existen libros de medo que podemos compartir nenos e adultos, como ocorre con Coraline, de Neil Gaiman, que foi traído ao galego da man de Urco Editora. Esta é una boa mostra de que o terror é un xénero do que pode gozar a rapazada, sobre todo porque na actualidade xa se ten demostrado que de nada serve edulcorar as infancias. Máis ben ao contrario, faise preciso falar cos máis pequenos de todo o que atinxe a maldade do mundo, pero dunha forma adaptada a eles.

Neil Gaiman consegue falar do mundo e dos seus aspectos máis escuros en Coraline, unha novela breve na que atopamos chiscadelas ao clásico de Alicia no País das Marabillas, de Lewis Carroll, sobre todo se pensamos no poder da imaxinación e da aventura da nena protagonista, Coraline. Esta rapaza chega a unha casa nova na que hai unha porta misteriosa na sala, o que comeza a chamar fortemente a súa atención. Que se agochará tras ela? A través deste momento, comeza a activarse o mecanismo da imaxinación, tanto o da nena como o dos propios lectores, pois Gaiman vainos levando de forma parella.

Nese outro mundo agóchanse cousas excéntricas, como un gato negro que fala e uns habitantes humanos que teñen botóns cosidos no lugar onde deberan estar os seus ollos. É un mundo cando menos excéntrico, no que se vai topar de fronte coa maldade, o que se contrapón coa súa sincera inocencia.

Coraline defínese coma unha contraposición moi lograda entre o mundo real e aqueloutro máis onírico, os cales a miúdo se combinan nas nosas formas de explorar a vida, e de darlle ás preocupacións a importancia xusta.  Como cando a nena, ao remate do libro, sente que xa nunca máis volvería ter medo con nada relacionado co colexio. E é que todo é moi relativo.

Por último non quixera pasar por alto o feito de que a protagonista sexa unha nena que viva aventuras e que pase medo sen que ningún príncipe azul veña salvala. Un feito que debería ser aplaudido e máis cando aínda vemos tantos libros infanto – xuvenís nos que os estereotipos de xénero son aínda unha lacra a erradicar.

Ficha técnica

Título: Coraline

Autor: Neil Gaiman

Editorial: Urco

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 150

 

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.