Cervatos

Lucía Novas é a autora do poemario "Cervatos"

Poesía conceptual e minimalista. Así se podería definir a recente publicación da poeta bueuesa Lucía Novas, quen explora en Cervatos os límites da linguaxe para ofrecer unha lírica ateigada de lembranzas e de sentimentos pasados, cos que todos os lectores e lectoras nos poderiamos identificar.

Tal e como xa se advertía nos seus anteriores poemarios, Epiderme de estío e Neve, a obsesión pola beleza do efémero está moi presente aquí, e por iso protagonizan os poemas obxectos aparentemente insignificantes, pero que atesouran un simbolismo especial como a vida mesma. Esta beleza da vida atópase en cada instante, en cada canción, mesmo en cada recuncho. Por iso non resulta estraño que se empregue a técnica da colaxe, creando unha mestura entre o tradicional e a innovación. É a de Lucía unha voz orixinal, que é quen de facer poesía a través da enumeración continua de verbas e de conceptos que nos levan directamente ao terreo da nostalxia, da infancia na que distinguimos certos sabores e olores.

“E se roubamos a intensidade, a transparencia?”

E, como non podía ser doutro xeito, por aquí agóchanse tamén algúns poemas nos que o amor físico é o protagonista, nun afán por facernos sentir a través da pel e a evocación.

“Caixa de cristal. Lobo salvaxe. Narciso silvestre. Ratiña gris.

Cabana de madeira. Cisne negro. Zodíaco. Tarot Reader. Anel.

Beloved. Noite quente. Subir escaleiras. Desexo. Saia curta

e branca. E déixome

caer sobre a túa pel”.

Mentres avanzamos tras dos versos deste poemario distinto, ímonos decatando de que cada un dos obxectos que atopamos nas nosas vidas poden estar cheos de erotismo, de emoción, e de mestura de sentimentos. A isto engádese a busca dunha linguaxe universal, co emprego de verbas noutros idiomas, co que se defende unha idea de arte poética como un todo universal, na que as linguas conversan as unhas coas outras para facernos experimentar sentimentos diversos.

Ficha técnica

Título: Cervatos

Autora: Lucía Novas

Ano de publicación: 2017

Editorial: Kalandraka

Número de páxinas: 94

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.