Seique

Temos que continuar a lembrar, a quitar do esquecemento a tantos homes e mulleres que viron as súas vidas truncadas por mor do fanatismo dunha época (a Guerra Civil e posguerra española), e que continúan aínda hoxe.

A tarefa de recuperar as voces dos que xa non están e da historia sempre velada resulta moi difícil, nalgunhas ocasións case imposible xa que aínda segue imperando o medo ás represalias por parte das testemuñas, e tamén  porque moitos seguen espallando por todo o alto que se queremos avanzar como sociedade temos que esquecer as feridas da guerra. Pois non, señores, as feridas para poder pecharse deben cicatrizar antes, e iso non se fai dun día para outro.

Por iso nunca serán abondos os testemuños  e vivencias das persoas que nos falan desta época,  cun afán de empuxarnos a lembrar e a non esquecer a nosa historia. E ata de entre todo o mal e a crueza se pode escribir con beleza, como fai Susana Sánchez Aríns en Seique, un libro que chegou ás miñas mans por casualidade e que recomendo moitísimo, tanto polo fondo como pola forma coa que foi concibido.

Como sempre adoita acontecer cos grandes libros, Seique é difícil de definir e clasificar. A cabalo entre a poesía, a novela e o ensaio, eríxese como unha mestura destes tres xéneros para crear unha literatura de grande calibre na que coñecemos as persoas da familia da autora que foron vítimas e verdugos, e sobre os que ela fai un exercicio de indagación que semella o das novelas policiacas, ao tempo que reescribe algunhas cancións e ditos populares cun ton reivindicativo e de protesta.

Malia toda a dureza que se agocha nestas páxinas, é unha lectura imprescindible que recomendo arreo sobre todo porque nela se abren debates moi interesantes, como é o da invisibilización da muller na historia, da que o sistema patriarcal sempre nos excluíu e que Susana tenta reverter dándolle unha volta a moitas cantigas tradicionais. Mais tamén é unha literatura de busca das propias orixes, de tentar atopar de onde vimos para camiñar cara adiante e chegar a coñecer quen somos realmente. Aí está a súa fondura.

“As vidas nao começan ao nascermos. nem sao acabadas na morte. nada de rios que vao a mares que sao o morrer. já alguém o escreveu algures.

as vidas sao vidas quando nomeadas e faladas e ditas. há quem deixa pegadas na poeira dos caminhos durante anos até a vida chegar por fim. há pessoas que nascem mortas. ninguém diz delas.

eis a importância da memória. de dar espaço aos nomes e aos factos. de deixar um lugar para as pessoas viver, que na língua que sai a passeio, quer no papel que se abandona á escrita”.

Ficha técnica

Título: Seique

Autora: Susana Sánchez Aríns

Editorial: Através Editora

Ano de publicación: 2015

Número de páxinas: 190

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.