O misterio de Portomarín

Di Antía Yáñez que, malia que de cativa gozaba moito deixando voar a imaxinación polas páxinas dun libro e converterse en cabaleira, bruxa, ladroa de bancos, detective, e incluso una cruel asasina, o certo é que estudou una carreira de ciencias. Non deberían a literatura e a ciencia ser dous departamentos estancos, a pesar de que ás veces se nos insinúe dende a propia escola que ou somos dunha cousa ou da outra. E esta é una introdución necesaria para falar de O misterio de Portomarín, a primeira novela coa que esta “devoradora de libros”, como ela mesma se define, nos leva de viaxe por esa aldea esquecida de Lugo e pola historia dende que fora unha vila próspera ata que o encoro de Belesar truncou pola metade as vidas e ilusións de moitos dos seus habitantes.

Esa querenza polo pasado das nosas vilas e dos nosos maiores é o caldo de cultivo no que medra esta novela xuvenil que bebe tamén das influencias de Enyd Blyton e as súas aventuras de Los Cinco. Precisamente a eles hai unha chiscadela xa ao comezo, cando se presenta a estes catro irmáns que atopan un can e se converten no equipo idóneo para investigar o acontecido tras a aparición dun óso misterioso, que terá moito que ver con esa historia da vila que tivo que nacer de novo de entre as cinsas.

Antía Yáñez debuta na narrativa galega contemporánea dunha forma destacable, pois ao tempo que nos conta o avance dunha investigación por parte dun grupo de rapaces e rapazas, fai fincapé na busca da tradición e da oralidade das persoas maiores, que son posuidoras dunha grande bagaxe cultural. Esta cultura exprésase tamén nese albergue rural e familiar ao que chega esta familia para compartir un verán de descanso e de volta ás orixes.  E nesa vila conviven con toda a veciñanza que os fai sentir mellor ca na casa, pois aquí, no rural, está o ser humano máis inxenuo. E así nolo fai sentir de forma moi natural a autora.

Ficha técnica

Título: O misterio de Portomarín

Autora: Antía Yáñez Rodríguez

Editorial: Galaxia

Ano de publicación: 2017

Número de páxinas: 233

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.