María Victoria Moreno, sementadora de futuro

María Victoria Moreno, homenaxeada nas Letras Galegas 2018 e unha adiantada ao seu tempo

O Día das Letras Galegas deste 2018 faime moitísima ilusión, pois dedícaselle a unha muller imprescindible, que cambiou a miña vida desde que con catorce anos lera Anagnórise, a súa novela máis recoñecida e que non perde vixencia aínda a día de hoxe. É un camiño ateigado de ilusión por dobre partida: por ser unha muller a homenaxeada (tan só na historia das Letras se lle dedicou a catro), e por significar unha loita a favor da lingua galega moi salientable.

Neste ano estanse recuperando novas edicións das obras máis recoñecidas de María Victoria Moreno, ademais de saír á luz outras inéditas e incluso estudos da súa biografía. Como moitas das persoas que coñeceron a esta muller recoñecen que non era dada a falar da súa vida, ben acollidas son hoxe todas as propostas que nazan coa vocación de achegarnos algo de luz sobre a biografía e a obra, e por iso acollo con agarimo A voz insurrecta, de Montse Pena Presas, publicada por Galaxia, e María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, de Isabel Soto e Xavier Senín, saída en Xerais.

Neste último caso, hai que salientar que se trata dunha achega moi interesante, pois Xavier Senín é un home que coñeceu á autora en vida, e coincidiu con ela impartindo cursos de galego neses anos da ditadura tan complexos, e tras os que a María Victoria lle retiraron o seu pasaporte. Dende esta anécdota, a vida desta muller foi todo un periplo e un camiño vital que mudou para sempre tras a chegada a Galicia e o coñecemento da dualidade entre o espazo rural e o urbano. Precisamente, e tal e como contan Soto e Senín nesta biografía, axiña identificou o galego como o idioma da clase traballadora, dos oprimidos:

“Decateime de que aquí a palabra estaba reprimida, o galego era a palabra dos pobres, dos mariñeiros, dos labregos… Nas escolas, os nenos que falaban galego eran humillados constantemente e ata pagaban multas. Daquela comprometinme afectiva e socialmente a axudar a esta xente a defender a súa lingua”.

A súa foi unha historia de amor coa nosa lingua e grazas a ela o camiño fíxose máis leve para moitas persoas, sobre todo para os alumnos e alumnas que tiveron a gran sorte de coñecer a esta muller que vivía con paixón todo o que facía e co que se implicaba: desde a docencia, na que estivo presente ata case o final da súa vida, ata a escrita, coa que se comprometeu incluso nos momentos máis duros e afogados do seu día a día. Por iso, xa son moitos os que din que a María Victoria lle faltou tempo.

Na complexidade da súa vida, os autores desta biografía achegan unha radiografía moi interesante tanto da propia escritora como do seu lugar no marco da literatura infantil e xuvenil, un campo a miúdo tan denostado e polo que ela traballou arreo. E neste senso, tamén interesantes son as claves de lectura da súa obra que se nos ofrecen ao final da publicación, e entre as que se destacan a condena co autoritarismo e a transgresión feminina, o amor polos animais e a súa querenza pola terra, ademais do amor.

Ficha técnica

Título: María Victoria Moreno. Sementadora de futuro

Autor@s: Isabel Soto e Xavier Senín

Editorial: Xerais

Ano de publicación: 2018

Número de páxinas: 155

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Un comentario sobre “María Victoria Moreno, sementadora de futuro

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.