Como aprendín a ler

Sempre resulta un misterio coñecer como unha persoa moi vinculada cos libros aprendeu a amalos, e máis como foi o camiño desde o odio ao encantamento e á maxia. Ese atractivo, que non deixa de ter unha causa algo voyeur, increméntase cando vexo a portada de Como aprendín a ler, da francesa Agnés Desarthe, na súa tradución ao galego publicada pola editorial Rinoceronte.

Ante este libro xorde unha pregunta vital: acaso é precisa unha aprendizaxe para a lectura? Cal é a fórmula máxica para que todos e todas compartamos o pracer da literatura? Por desgraza, non existen explicacións universais pois, como adoita dicirse, cada persoa é un mundo e, por extensión, nin a todos nos gustan os libros nin, por suposto, as mesmas historias (idea que tamén late noutro libro imprescindible sobre o acto de ler, Contra la lectura, publicado por Blackie Books).

Superando xa esta primeira pregunta e supoñendo que as persoas que nos acheguemos a este ensaio de Desarthe amemos xa a lectura, o camiño é xenial, pois aquí desmitifícase o acto mesmo de ler e abórdanse os primeiros pasos e fracasos ata chegar a amar os libros e vivir do pracer de escribilos e traducilos.  Desde o comezo, este ensaio, a cabalo entre unha biografía literaria e unha comedia, tínguese de provocación.

“Con frecuencia pídenlle á autora de libros xuvenís que son que cite un libro que marcase a súa infancia. Ante tal pregunta véxome tentada de responder: ‘Ningún. Na miña infancia non había libros. Non había sitio para eles. Odiaba ler, entende?’ “.

Ante estas preguntas e outras tantas que se fan ao longo dos diversos capítulos, a autora vai trazando unha viaxe na que reflexiona sobre a súa tortuosa relación coa literatura que non comezou con bo pé pero que agora avanza por un camiño rodado, pois xa ten escritos  máis de trinta libros infantís e xuvenís, dez novelas para público adulto e dous ensaios.  E con ela comparto o namoramento sentido ante a descuberta dos libros de Marguerite Duras, sobre todo O amante e O amante da China do Norte, que se converteron xa en dous clásicos imprescindibles para entender o amor, e que a ela lle supuxeron un antes e un despois .

“Agora que ler se converteu na miña ocupación principal, na miña obsesión, no meu maior pracer, no meu recurso máis fiable, sei que o oficio que escollín, o oficio de escribiu, serviu e serve só a unha causa: acceder por fin e de novo á lectura, que é á vez o lugar da alteridade acougada e o da resolución, nunca lograda, do enigma que constitúe cada un a súa propia historia”.

Ficha técnica

Título: Como aprendín a ler

Autora: Agnès Desarthe

Ano de publicación: 2013

Ano de edición en galego: 2018

Editorial: Rinoceronte

Número de páxinas: 123

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.