“Os hábitos depilatorios das mulleres intensificáronse na nosa sociedade ata o punto de que hoxe en día o único sitio onde é aceptable que unha muller teña pelo é na cabeza, nas cellas e nas pestanas. Nestas zonas non só é permitido ter, senón que é obrigado […] En paralelo, a industria da depilación das […]
Penso a miúdo que a poesía é unha arma ateigada de poder, tamén de futuro, malia que se alerte de que é un dos xéneros menos lidos na actualidade. Sempre o foi, pero as lectoras que chegamos a ela nun momento concreto xa nunca queremos marchar, seremos fieis. Iso me acontece a min, que pasei […]
O outro día, no marco dunhas xornadas sobre literatura nas que estou participando, un dos poñentes falaba da banda deseñada como unha ferramenta ideal para chegar a outros públicos e para explicar problemáticas sociais e, incluso, falar dun tempo histórico. Pero precisamente aí, nesa ensamblaxe entre texto e imaxes, é onde radica a súa complexidade, […]
A literatura debe atender á diversidade. Creo que todas as persoas temos dereito a toparnos nun libro, a sentirnos ben e mesmo a que as personaxes expresen certas realidades incómodas que vivimos. Mais tamén temos dereito a mudar a realidade, e a berrar ben alto. Precisamente con estas ideas na cabeza remato de ler Plan […]
Se hai algo que adoro da literatura de Ana Cabaleiro é, precisamente, a súa capacidade para reivindicar nos seus textos a mulleres valentes e a súa querenza polo rural. Nada en Saídres (Silleda, 1974), é licenciada en Xornalismo, profesión que exerce intermitentemente desde hai dúas décadas. Cursou, ademais, o Master en Estudos Teóricos e Comparados […]
Ledicia Costas é hoxe unha das grandes escritoras galegas, un camiño que comezou tras deixar atrás a súa carreira de Dereito. Especializada en literatura infantil e xuvenil, ten colleitado moitísimos premios, e de entre a súa ampla produción destacan Unha estrela no vento, Escarlatina, a cociñeira defunta, Jules Verne e a vida secreta das mulleres […]
Podo dicir, sen medo a equivocarme, que Berta Dávila é unha das grandes voces da narrativa galega actual. Nada en Santiago de Compostela en 1987, é autora de poemarios como Corpo baleiro (2007) e Raíz da fenda (2013, Premio Johán Carballeira, Premio da Crítica española, Premio da AELG). No eido da narrativa, iniciouse con Bailarei […]
W. H. Hudson dixo un día “teñan en conta (…) que (…) os animais só son infelices cando as persoas os fan infelices”. Por iso, Rosamund Young dirixe a súa granxa de Kite’s Nest, situada nos escarpados territorios de Costwold, coa máxima de garantir a felicidade nas vacas e xatos, animais aos que ela se […]
Sempre me intrigan as orixes dos libros, saber de onde xermola o argumento dunha novela, como se tecen os versos dun poemario, a quen imaxinamos falando para crear unha peza teatral. No poemario A ganancia e a perda, Martín Veiga propúxose crear poemas de catorce versos que contivesen todos eles as palabras “ganancia” e “perda”, […]
Intríganme moito os mecanismos que se atopan detrás da creación dunha obra de arte. Supoño que, en moitas ocasións, estes van moi ligados á propia evolución persoal. Estes días recaeu nas miñas mans o poemario Non venal, da autoría de Alberte Momán Noval, e que, por certo, está intimamente ligado coa súa novela máis recente, […]