«Palabras de pedra» de Ginés Cruz

“Explicoume que entre todas as persoas existe un muro invisible e que, para poder relacionarte, para poder comunicarte con outra persoa, debes derrubar ese muro. E que a linguaxe é a maneira máis efectiva de derrubalo”.

As palabras son a nosa ferramenta de comunicación, pero tamén de incomunicación, pois aínda existen moitísimas barreiras, e adoita falarse de persoas “normais” e de “anormais”, sen entender a diversidade no seu sentido máis amplo. Sobre estas ideas pivota Palabras de pedra, unha novela coa que o murciano Ginés Cruz Zamora gañou o Premio Asubío de Novela FMJJ, Infancia e Mocidade pola inclusión, e que nos fala do trastorno de espectro autismo dunha forma moi sensible e didáctica, que pretende empuxarnos á comprensión.

Palabras de pedra comeza cun fermoso poema onde atopamos versos que din: “Palabras de pedra, / case todas ocas, aínda que duras, / que o tempo encherá de contido e de uso. / Este é o meu oficio: / ser escritor de palabras de pedra”. E a partir de aí coñecemos a un home con autismo de alto rendemento, e que decide facer unha viaxe co seu fillo Guille, tamén autista pero máis afectado. O libro é a historia desta decisión, aparentemente simple pero con moitas arestas para as persoas con este trastorno, un camiño no que coñeceremos o pasado de pai e fillo, e tamén de que forma se relacionan coa súa contorna.

Ginés Cruz escribiu este libro en primeira persoa, o que leva ao lectorado a mirar dende a súa ollada, e nese sentido creo que o autor impulsa un exercizo de empatía, de poñerse no lugar do outro. Así, comezamos a ler e xa intuímos que hai decisións e pensamentos que ás persoas deste trastorno lles custan a vida, e que tamén sofren a incomprensión da sociedade en xeral. Lendo este libro decatámonos do moito que nos queda por coñecer aos demais, e de que é a nosa obriga facelo.

A obra está escrita cunha alta dose de sensibilidade e de respecto, e consegue ensamblar moi ben a intriga da lectura e a divulgación do TEA, de forma que nos transmite a aceptación das propias limitacións e, con elas, atreverse a soñar e a non deixar de loitar por aquilo que consegue ilusionar os nosos días.

“Eu sentinme culpable. Sentinme culpable polo que sufrira pero, sobre todo, sentinme culpable polo que lle pasaba a Guille. Pensaba que o herdara de min, Nunca lle importara ser diferente.  Nunca prestei atención aos risos, aos comentarios, ao trato distinto. Pero daquela si. Sentía que, ao ser eu diferente, esnaquizara a vida das dúas persoas que máis quería no mundo”.

Nunca lera un libro protagonizado por ningunha persoa con trastorno do espectro autista, e o certo é que aprendín moito, ademais de emocionarme na parte final. Porque sentín que vida só hai unha e que é moi valente ousar vivila con intensidade a pesar das propias limitacións. Moi recomendable!

Ficha técnica

Título: Palabras de pedra

Autor: Ginés Cruz

Tradutora: María Fe González Fernández

Editorial: Hércules

Ano de publicación: 2022

Número de páxinas: 173

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.