«Río sen ponte» de Ilse Losa

Sempre me inquedou esa forza do amor que é capaz de sustentar o mundo cando semella a piques de caer en picado. Este sentimento, que xa moitos din universal, dá lugar a historias nas descubrimos, unha e outra vez, que aínda que sintamos que unha soga nos apreixa o pescozo, sempre nos resta a esperanza e o valor das persoas que se atopan preto. Diso fala un pouco Río sen ponte, un libro de Ilse Losa que foi escrito no 1952 e que xusto agora nos trae ao galego a editorial Hércules, na fermosa tradución de Anxo Tarrío

Río sen ponte ten a virtude de capturar os intres do cotián no medio dunha catástrofe. E é que Jutta vese obrigada a abandonar a súa terra natal, Alemaña, por motivos económicos e deberá instalarse en Londres onde coida dos nenos dunha familia, mentres asiste dende a distancia á persecución á que son sometidos os xudeus e todos aqueles que non compartían a ideoloxía do III Reich. Ela, que descubrira o amor máis inocente aos dezaseis anos xunto a Johann, vese sorprendida pola face menos amable do ser humano, esa da que emerxe o odio máis irracional expresado no fascismo.

“Foi unha tarde completa – dixo Jutta bicando a cara fría de Johann.

E como dous nenos camiñaron polo bosque, nobre no seu silencio branco, e escoitaron as antiquísimas historias de amor que el lles contaba”.

Creo que Ilse Losa ten unha capacidade inmensa para falarnos do que supuxo o III Reich a través dos cambios sociais e de como os viviu a poboación da época. Neste sentido, mentres lía Río sen ponte sentín raiba, sobre todo porque as guerras e o odio abortaron moitas vidas e moitas historias de amor. Esa sensación de desasosego vai calando en nós a medida que avanzamos as páxinas, pois a autora ten é moi habilidosa á hora de comezar a contarnos como nace o amor máis puro entre dous mozos que se coñecen por casualidade e que descobren xuntos os primeiros bicos e agarimos; pero pronto esa inocencia vese suspendida por sucesos externos que modifican o senso das súas vidas. Aí, nese cambio repentino radica a forza desta novela ateigada de forza narrativa, na que a psicoloxía dos personaxes está tamén moi lograda. Polo tanto, lonxe do que poidamos pensar, non é unha historia máis sobre o nazismo, senón que ofrece unha ollada que expresa á perfección e sen edulcorantes o que foi ese momento histórico e de que forma paralizou o mundo.  A iso iso contribúe tamén o estilo, afastado de citas tópicas, depurado e cunha narración que flúe coma un río, que desemboca nun mar de bágoas.

“Non sentes unha grande alegría de vivir, aínda que teñas que afrontar inxustizas e dificultades? Respondinlle: É xustamente o que sinto. Entón somos parecidos, rapaciña. E non habemos de nos desanimar!”

Ficha técnica

Título: Río sen ponte

Autora: Ilse Losa

Tradutor: Anxo Tarrío

Editorial: Hércules

Ano de publicación: 2021

Número de páxinas: 233

Escrito por

Graduada en periodismo y enamorada de la lectura y la cultura. Porque leer nos hace mejores personas.

Si te ha gustado este artículo y quieres dejar tu opinión, encantada de leerte!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.